PRESENT CONTINUOUS

REPASO IMPORTANTE PARA 4º

Ola de novo!

Mándovos a teoría do tema 4 sobre o present continuous para que repasedes e poidades repetir as frases da libreta. 

Empezamos tamén o tema 5, así que mirade o vocabulario na lesson 1 do classbook e facede a lesson 1 do tema 5 do activity book.

Se non tendes os materiais na casa, chamade ó cole para ir a recollelos. 

Cando fagades a lesson 1 do tema 5 non vos esquezades de volver traducir algunhas frases do tema 4, que é importante que saibades facelo ben. 

En canto o teña xa vos subo a teoría do tema 5. 

Moitas gracias polo voso esforzo e seguide así, que o estades facendo xenial.

Bicos e apertas dende a casa!

Distribuir contido