Inglés
PARA @S CHIC@S DE 3º PRÁCTICA UNIT 5
Aquí vos mando cómo facer e respostar preguntas con have got e 5 fraseciñas para traducir (non miredes a tradución debaixo mentres as facedes, jejeje)
Pouquiño a pouco, non vos agobiedes. Moitos ánimos e apertas!
PARA 5º DE PRIMARIA
Ola de volta!
Para @s que xa tendes os libros na casa e empezastes co tema 5, mándovos as respostas do activity da lesson 1.
Se aínda non tendes os libros, seguide facendo as actividades propostas, estudiade a teoría que vos mandei o outro día e facede a práctica.
Moitos ánimos e apertas dende casa!
PARA 4º DE PRIMARIA
Ola de volta!
Hoxe mándovos as respostas á lesson 1 do tema 5 do activity, para aqueles que teñen xa os libros na casa.
Se aínda non os tedes, nada, esperade a que vos cheguen os libros e cando empecedes co tema 5 xa facedes a lesson 1 e vedes aquí as respostas.
Moitos ánimos e apertas!
PARA @S PEQUES DE INFANTIL
Ola de novo!
Hoxe déixovos un conto que traballamos na clase para aprender as partes da cara, adxectivos e cores e algúns recursos sobre este conto.
Espero que vos gusten!
https://www.youtube.com/watch?v=rPmLZLp-oec
http://www.makinglearningfun.com/themepages/BigGreenMonster.htm
PARA @S CHIC@S DE 3º TEORÍA TEMA 5
Ola de volta!
Mándovos un repaso moi importante: os pronomes persoais, o verbo to be (ser/estar) e o verbo have got (tener) que é o que imos utilizar na Unit 5.
Os pronomes persoais e o verbo to be tendes que sabelos xa, pero volos mando por se acaso.
Sobre o verbo have got, aínda que neste tema nos imos centrar na terceira persoa, para falar de animais, non está de máis que estudiedes o verbo enteiro, porque o imos necesitar máis adiante.
Tamén vos mando o vocabulario do tema 5 por se aínda non tendes os libros. Logo vos mandarei algo de práctica.
Se tendes xa os libros na casa, empezade a facer a lesson 1 do tema 5 no classbook e a lesson 1 do activity.
Moitas gracias polo voso esforzo e moitos ánimos a tod@s! Bicos dende casa!
PARA 2º DE PRIMARIA
Ola de novo!
Acabo de engadirvos unhas fichiñas no liveworksheets sobre o tema 5. Van sobre os animais e as partes do corpo. Non teñades présa e non fagades máis de 2 á semana.
Aquí vos van uns vídeos para que vexan antes de facer as fichas. Moitas gracias!
1º REPASO RUTINAS E CONTO
Ola de novo!
Aquí vos deixo uns enlaces a unha canción das rutinas que faciamos en infantil e xa coñecen, para que as repasen, e un pequeno conto narrado en inglés. Espero que vos gusten.
Moitos ánimos aos papás/mamás e moitos mimos aos nen@s, que se lles bota moito de menos!
https://www.youtube.com/watch?v=eUXkj6j6Ezw
PARA INFANTIL
Ola de novo!
Aquí vos deixo uns enlaces e unhas fichiñas para que non se esquezan das emocións.
Se non podedes imprimilas non vos preocupedes, nas páxinas que vos mandei tendes un montón de xogos para practicar todo o vocabulario.
https://supersimple.com/song/if-youre-happy/
Neste enlace tendes a canción, a letra e máis abaixo as fichas para que fagan
Tamén vos deixo unha manualidade para que fagan as marionetas dos personaxes.
https://supersimple.com/article/noodle-pals-dancing-paper-puppet-craft/
Moitas gracias polo voso esforzo e moitos ánimos e bicos @s pequen@s!
REPASO IMPORTANTE PARA 4º
Ola de novo!
Mándovos a teoría do tema 4 sobre o present continuous para que repasedes e poidades repetir as frases da libreta.
Empezamos tamén o tema 5, así que mirade o vocabulario na lesson 1 do classbook e facede a lesson 1 do tema 5 do activity book.
Se non tendes os materiais na casa, chamade ó cole para ir a recollelos.
Cando fagades a lesson 1 do tema 5 non vos esquezades de volver traducir algunhas frases do tema 4, que é importante que saibades facelo ben.
En canto o teña xa vos subo a teoría do tema 5.
Moitas gracias polo voso esforzo e seguide así, que o estades facendo xenial.
Bicos e apertas dende a casa!
PARA 5º - REPASO COMPARATIVOS E SUPERLATIVOS
Ola de novo!
Para @s que necesitedes, aquí vos deixo a teoría dos comparativos e os superlativos (tema 4) para que poidades botarlle un ollo e repetir as frases da libreta (saber ben este tema é importante).
En canto poda vos subo xa a teoría do tema 5, pero de momento podedes ir botándolle un ollo á lesson 1 do libro e facendo a lesson 1 do activity. (Se non tendes os libros na casa, chamade ó cole para ir a recollelos).
Moitas apertas e bicos dende o confinamento! Ánimo!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »