VACANTES PARA O CURSO 2019/20
4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 de NEE
5º de Educación Infantil (4 anos): 4 prazas
6º de Educación Infantil (5 anos): 7 prazas
1º de Educación Primaria: 2 de NEE
2º de Educación Primaria: 6 prazas
3º de Educación Primaria: 2 prazas
4º de Educación Primaria: 1 prazas
5º de Educación Primaria: 1 prazas
6º de Educación Primaria: 0 prazas
A solicitude de reserva de praza será do 1 ao 20 de marzo.
Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso ED550B (Anexo II, modelo oficial do DOG 1/2/2017) que se facilita no propio centro e que pode ser solicitado por teléfono ou obtido do DOG na páxina da Xunta. As solicitudes deben estar completamente cubertas.
ENTROIDO
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso colexío por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL DE ENTROIDO que este ano leva por título "QUE PINTAS TI AQUÍ!!".
Realizarémolo o VENRES 1.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:10 abriranse as portas para poder acceder ao centro.
Moitas grazas pola súa colaboración.
Un saúdo
ADMISIÓN ALUMNADO IES. CURSO 2019-20
O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (VALADARES), ten que presentar o anexo co código ED550A (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 15 DE FEBREIRO.
*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.
O modelo ED550A estará na aplicación e na Sede Electrónica, no momento de apertura do prazo, da Xunta de Galicia.
De necesitalo, podedes solicitar unha copia en papel na secretaría do colexio.
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres.
Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada ca paz, co obxetivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2019-20
Xornadas de portas abertas
Se queredes coñecer o noso colexio tedes estas datas dispoñibles:
*Martes 26 de febreiro ás 17:00
*Martes 12 de marzo ás 17:00
Aquela familia que teña dificultades con estas datas, poderá concertar unha visita noutro horario chamando por teléfono ao centro.
A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO
XORNADA PORTAS ABERTAS IES VALADARES
O IES de Valadares invita á xornada de portas abertas, a todas as familias do alumnado de 6º de Ed Primaria do noso centro, o vindeiro 21 de xaneiro ás 18:00.
Haberá unha breve presentación do instituto: materias a escoller, normas de convivencia, medidas de reforzo e adaptación...Tamén se realizará unha visita polas dependencias do centro.
FESTIVAL VENRES 21
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.
Realizarémolo o venres 21, e levará por título “ZAPPING”.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 11:55 podedes entrar no centro, agardando o aviso para poder subir ao ximnasio.
Un saúdo Feliz Aninovo
A volta ás aulas é o 8 de xaneiro
DÍA DO ENSINO
O vindeiro 7 de decembro, segundo o DOG do 8 de xuño que regula o Calendario Escolar para o curso 2018-19, está establecido como Día do Ensino, declarado pola Consellería de Educación, coa consideración de non lectivo para efectos académicos. Polo tanto ese día non haberá clase.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
O vindeiro martes 27 de novembro celebraranse as votacións para a renovación parcial dos representantes dos pais e nais no CONSELLO ESCOLAR do noso centro.
O horario será:
De 8:45 a 9:15
De 13:45 a 14:15
De 16:00 a 17:00
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »