ADMISIÓN ALUMNADO IES. CURSO 2019-20
O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (VALADARES), ten que presentar o anexo co código ED550A (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 15 DE FEBREIRO.
*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.
O modelo ED550A estará na aplicación e na Sede Electrónica, no momento de apertura do prazo, da Xunta de Galicia.
De necesitalo, podedes solicitar unha copia en papel na secretaría do colexio.