REUNIÓN FAMILIAS 6º DE PRIMARIA

 

O vindeiro 30 de xaneiro ás 16:30 na aula de sexto do noso colexio, haberá unha reunión informativa para os pais e nais, por parte do Equipo Directivo do IES de Beade, cara ao curso 2018-19.

FESTIVAL XOVES 21

 

Estimadas familias:     

                                                 

     Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.

   Realizarémolo o xoves 21, e levará por título “MALASOMBRA”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:00 podedes entrar no centro.   

 

                                 Un saúdo                                Feliz Aninovo

Un Nadal de cine

MIK, a nosa mascota da bilbioteca, preparou para nós unha chea de actividades: un calendario de advento cheo de lendas, ditos, curiosodades e moito máis; unha escolma de contos e, por suposto unha sesión de cine. Boas festas

 

 


 

 

 

MAGOSTO

Estimadas familias;

Como vén sendo habitual por estas datas, imos celebrar o MAGOSTO. Este curso se o tempo non o impide, realizarémolo o mércores 8 de novembro a partir das 12 da mañá.

Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:

. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.

. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.

. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.

. Mandade as castañas e a leña só o martes 7 e o mércores 8

Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.

SAMAÍN DE PELÍCULA

 

Este ano estamos a celebrar un Samaín de película, de película de medo, claro. Temos caixas misteriosas, libros relacionados ca temática e, por suposto, sesión de cine.

 

 

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Temos o pracer de anunciarlles que o venres 27 de outubro terá lugar a gran estrea de:

PELICULETRAS   "Unha biblio de cine"

DIAS NON LECTIVOS

Lembramos que o 13 de outubro e o 18 de maio son non lectivos para o noso centro despois de ser aprobados polo Consello Escolar e posteriormente pola Xefatura Territorial. Tampouco haberá clase o 7 de decembro por ser declarado Día do Ensino pola Consellería de Educación.

REUNIÓN COAS FAMILIAS

Convocamos ás familias do alumnado a unha reunión, o vindeiro martes 3 de outubro, para falar de diversos aspectos organizativos, didácticos, educativos...

O horario será será o seguinte:               Educación Infantil: 16:00

                                                             Educación Primaria: 17:15

Ao inicio de cada unha das sesións, haberá unha breve xuntanza xeral, tanto para Infantil como Primaria, no salón de actos do noso centro. Despois as familias irán xa ás diferentes titorías acompañadas do profesorado correspondente.

                                                 

INICIO CURSO ESCOLAR

O vindeiro luns día 11 de setembro iniciamos as clases do novo curso escolar 2017-18 no horario habitual.

 

DAMOS A BENVIDA AO NOSO ALUMNADO

ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL (3 ANOS)

Horario do período de adaptación do alumnado de tres anos.

Clicade en Adxunto

 

Distribuir contido