ADMISIÓN NOVO ALUMNADO. CURSO 2019-20

 

LEXISLACIÓN: Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Orde do 25 de xaneiro do 2017 pola que se modifica a orde anterior

·         A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO(incluídos).

Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso ED550B (Anexo II)

Xunto con estes impresos entregarase:

 . Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  . Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I. (Documento acreditativo da idade do alumno)

 Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática. 

-Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión.

-En caso de separación xudicial ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial e sinatura conxunta na solicitude.

-Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude.

(Deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro)

Debe considerarse que o número de membros da unidade familiar é o referido ao día 28 de febreiro de 2019.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)

·         Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. Do 12/03/2013). Tamén puntuará se está no centro adscrito, agás no último curso

·         Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)

·         Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013)

·         Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)

·         Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)

·         -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)

 Tamén se pode facer este ano a través da aplicación

Solicitudes a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Ruta no menú: 

Solicitudes–Admisión–Crear solicitude de admisión

Clica enriba para o manual para ás familias

NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:

DE 9:00 A 9:50 (agás xoves), DE 13:10 A 14:00 (mércores e xoves) E DE 12:00 a 13:10 os venres, POLA MAÑÁ, E DE 16:00 A 18:00 (SÓ OS MARTES NESTE ÚLTIMO HORARIO DE TARDE)

Hai que ter en conta:

1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen para o caso de non obter praza nese primeiro, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle e dita duplicidade pasará a depender da Comisión de Escolarización ao final de todo o proceso.

2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·         De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate da presentación de solicitudes de admisión.

·         Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de  cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.

·         Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.

·         A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamaremos por teléfono.

O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)

O noso colexio conta tamén co servizo de Comedor Escolar xestionado pola ANPA.

Faise constar que o CEIP Mestres Goldar está adscrito ao IES de Valadares

A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.

 MAPA Zonas Educativas

VACANTES PARA O CURSO 2019/20

 

4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 de NEE

5º de Educación Infantil (4 anos): 4 prazas

6º de Educación Infantil (5 anos): 7 prazas

1º de Educación Primaria: 2 de NEE

2º de Educación Primaria: 6 prazas

3º de Educación Primaria: 2 prazas

4º de Educación Primaria: 1 prazas

5º de Educación Primaria: 1 prazas

6º de Educación Primaria: 0 prazas

A solicitude de reserva de praza será do 1 ao 20 de marzo.

Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso ED550B (Anexo II, modelo oficial do DOG 1/2/2017) que se facilita no propio centro e que pode ser solicitado por teléfono ou obtido do DOG na páxina da Xunta. As solicitudes deben estar completamente cubertas.

ENTROIDO

Estimadas familias:

Como vén sendo habitual no noso colexío por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL DE ENTROIDO que este ano leva por título "QUE PINTAS TI AQUÍ!!"

Realizarémolo o VENRES 1.

Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:10 abriranse as portas para poder acceder  ao centro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

Un saúdo

ADMISIÓN ALUMNADO IES. CURSO 2019-20

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (VALADARES), ten que presentar o anexo co código ED550A  (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 15 DE FEBREIRO.

*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común.

O modelo ED550A estará na aplicación e na Sede Electrónica, no momento de apertura do prazo, da Xunta de Galicia.

De necesitalo, podedes solicitar unha copia en papel na secretaría do colexio.

 

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres.

Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada ca paz, co obxetivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2019-20

 

Xornadas de portas abertas

Se queredes coñecer o noso colexio tedes estas datas dispoñibles:

 

*Martes 26 de febreiro ás 17:00

 

*Martes 12 de marzo ás 17:00

 

Aquela familia que teña dificultades con estas datas, poderá concertar unha visita noutro horario chamando por teléfono ao centro.

  A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO

XORNADA PORTAS ABERTAS IES VALADARES

O IES de Valadares invita á xornada de portas abertas, a todas as familias do alumnado de 6º de Ed Primaria do noso centro, o vindeiro 21 de xaneiro ás 18:00.

Haberá unha breve presentación do instituto: materias a escoller, normas de convivencia, medidas de reforzo e adaptación...Tamén se realizará unha visita polas dependencias do centro.

FESTIVAL VENRES 21

 

 

Estimadas familias:   

     Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.

   Realizarémolo o venres 21, e levará por título “ZAPPING”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 11:55 podedes entrar no centro, agardando o aviso para poder subir ao ximnasio.  

 

 

                                 Un saúdo                                Feliz Aninovo

 

                                           A volta ás aulas é o 8 de xaneiro

DÍA DO ENSINO

O vindeiro 7 de decembro, segundo o DOG do 8 de xuño que regula o Calendario Escolar para o curso 2018-19, está establecido como Día do Ensino, declarado pola Consellería de Educación, coa consideración de non lectivo para efectos académicos. Polo tanto ese día non haberá clase.

Distribuir contido