NOVA LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO LIBROS

Debido a unha reclamación xa resolta, volvemos a publicar listaxes provisionais rectificadas. Dentro de dous días publicaranse as definitivas.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDO LIBROS

Hoxe publicamos a listaxe provisional de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto de 3º a 6º de Ed. Primaria.

Hai 2 días para as posibles reclamacións antes da publicación das listaxes definitivas.

Nas listaxes provisionais só aparece o reparto dos libros que ten o colexio, polo que quen aparece con 0 libros, nas listaxes definitivas pode variar.

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE 1º E 2º

Xa está dispoñible, para quen lle corresponda, o vale para material escolar de 1º a 6º e o vale para os libros de 1º e 2º de Ed. Primaria.

Data de entrega: 5, 6, 7 e 10 de xullo de 9:30 a 14:00.

De non recollelo nestas datas pódese recoller en setembro.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017-18

Clica enriba para ler a orde pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso

As clases empezarán o 11 de setembro de 2017 e rematarán o 21 de xuño de 2018.

VACACIÓNS : NADAL desde 0 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos inclusive.

                    ENTROIDO 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.

                    SEMANA SANTA desde o 24 de marzo ao 2 de abril ambos inclusive.

DÍA DO ENSINO declarado pola Consellería: 7 de decembro.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18

RELACIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

FONDO LIBROS DE TEXTO

As datas límite para realizar os trámites (DOG do 22 de maio) son as seguintes:

a) Para gravar solicitudes e emendas (EP e ESO): o 7 de xullo de 2017.

b) Para publicar as listaxes provisionais (EP e ESO): o 14 de xullo de 2017.

c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 19 de xullo de 2017.

d) Para publicar as listaxes definitivas: de EP (3º, 4º, 5º e 6º) o 21 de xullo de 2017.

 

O centro avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Ed. Primaria. Igualmente tamén se avisará ao alumnado que  lle corresponda o vale para material escolar.

EXCURSIÓN Ó PARQUE FORESTAL DE BEADE

DISFRUTANDO COS NOSOS COMPAÑEIROS E MESTRES NOS ULTIMOS DÍAS DO CURSO

NO PARQUE FORESTAL DE BEADE

ACTO FIN DE CURSO

 

O venres 23 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2016/17. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.

A apertura das portas será ás 12:10h 

 

 

 

 

 

 

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 3 ANOS PARA O CURSO 2017-18

O vindeiro mércores 28 de xuño ás 11.00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha reunión informativa co alumnado de nova incorpación (4º de Educación Infantil) para o curso 2017-18.

 A matrícula poderá realizarse ese mesmo día.

Documentación necesaria:

- Cubrir un impreso de formalización de matrícula (anexo III-1) que se proporciona no centro.

- 4 fotografías co nome e apelidos escritos por detrás.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopia do libro de familia.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

         Saíu publicado no DOG do 22 de maio (Orde do 16 de maio) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Documentos: SOLICITUDE. ANEXO I

                        NORMATIVA

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 16/17. A falta de devolución é motivo de exclusión.A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten.En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.  A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

        O prazo de solicitudes (anexo I) vai do 23 de maio ao 23 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2015.

Distribuir contido