VACANTES PARA O CURSO 2018/19
4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 de NEE
5º de Educación Infantil (4 anos): 6 prazas
6º de Educación Infantil (5 anos): 2 prazas
1º de Educación Primaria: 2 prazas + 3 de NEE
2º de Educación Primaria: 2 prazas
3º de Educación Primaria: 0 prazas
4º de Educación Primaria: 0 prazas
5º de Educación Primaria: 0 prazas
6º de Educación Primaria: 5 prazas
A solicitude de reserva de praza será do 1 ao 20 de marzo.
FESTIVAL ENTROIDO
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 9 o FESTIVAL de Entroido do 2018 que este ano leva por título “Pippi Langstrump”.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:10 abriranse as portas para poder acceder ao centro.
Moitas grazas pola súa colaboración.
ENTROIDO 2018
ORDES DO MECO DON ÓSCAR
LUNS
PARA NUNHA GALA DE CINE ENTRAR, GARAVATA OU LAZO HAS DE LEVAR
MARTES
UN GRAN BIGOTE LUCIRÁS E EN ARTISTA DE CINE TE CONVERTIRÁS
MÉRCORES
TRAE UNS LENTES MOI VISTOSOS PARA ESTA GALA DE ENTROIDO
XOVES
PON ESTRELAS ONDE QUEIRAS E SERÁS...ARTISTA DE PRIMEIRA
ADMISIÓN ALUMNADO IES CURSO 2018-19
O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (VALADARES), ten que presentar o anexo co código ED550A (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 15 DE FEBREIRO.
*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Ruta no menú:
Solicitudes–Solicitudes de reserva–Crear solicitude de reserva
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común, incluíndose por primeira vez este ano a SEDE ELECTRÓNICA.
EXPOSICIÓN ENTROIDO
Temos unha exposición de fotografías sobre Manzaneda explicando o seu Entroido "A MÁZCARA". As familias estades convidadas a visitar dita exposición de 4 a 6 da tarde dende o luns 29 ata o xoves 8 de febreiro na zona da aula de música.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018-19
Xornadas de portas abertas
Se queredes coñecer o noso colexio tedes estas datas dispoñibles:
*Martes 20 de febreiro ás 17:00
*Martes 27 de febreiro ás 17:00
*Martes 6 de marzo ás 17:00
Aquela familia que teña dificultades con estas datas, poderá concertar unha visita noutro horario chamando por teléfono ao centro.
REUNIÓN FAMILIAS 6º DE PRIMARIA
O vindeiro 6 de febreiro ás 16:30 na aula de sexto do noso colexio, haberá unha reunión informativa para os pais e nais, por parte do Equipo Directivo do IES de Valadares, cara ao curso 2018-19.
A NOVA IMAXE DE MIK
Este ano estamos de cine, con actores e actrices que se caracterizan segundo as esixencias do guión. Así pois, o noso Mik non podía ser menos.
Grazas á colaboración de Begoña, unha artista en maquillaxe, perruquería e vestiario, aquí tedes a nova imaxe do noso MIK.
!! Grazas Begoña ¡¡
REUNIÓN FAMILIAS 6º DE PRIMARIA
O vindeiro 30 de xaneiro ás 16:30 na aula de sexto do noso colexio, haberá unha reunión informativa para os pais e nais, por parte do Equipo Directivo do IES de Beade, cara ao curso 2018-19.
FESTIVAL XOVES 21
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.
Realizarémolo o xoves 21, e levará por título “MALASOMBRA”.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 12:00 podedes entrar no centro.
Un saúdo Feliz Aninovo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »