CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2018-19

 

Clica enriba para ir á páxina da Xunta e ler a orde pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso

As clases empezarán o 12 de setembro de 2018 e rematarán o 21 de xuño de 2019.

VACACIÓNS : NADAL desde o 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos inclusive.

                    ENTROIDO 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

                    SEMANA SANTA desde o 13 ao 22 de abril de 2019 ambos inclusive.

DÍA DO ENSINO declarado pola Consellería: 7 de decembro.

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Xa está dispoñible, para quen lle corresponda, o vale para material escolar de 1º a 6º e o vale para os libros de 1º e 2º de Ed. Primaria.

Data de entrega: 3, 4, 5 e 6 de xullo de 9:30 a 14:00.

De non recollelo nestas datas pódese recoller en setembro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Clicade nos arquivos adxuntos para comprobar a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para o vindeiro curso (admitidos e excluídos).

Hai 2 días para as posibles reclamacións antes da publicación das listaxes definitivas.

Nas listaxes provisionais só aparece o reparto dos libros que ten o colexio, polo que quen aparece con 0 libros, nas listaxes definitivas pode variar.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

Clicade no adxunto para as distintas listaxes.

SAÍDA FIN DE CURSO PRIMARIA

             GOZANDO DUNHA XORNADA ESTUPENDA COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

             

 

FONDO LIBROS E AXUDAS 2018-19

As datas límite para realizar os trámites (DOG do 21 de maio) son as seguintes:

a) Para gravar solicitudes e emendas (EP e ESO): o 6 de xullo de 2018.

b) Para publicar as listaxes provisionais (EP e ESO): o 12 de xullo de 2018.

c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 18 de xullo de 2018.

d) Para publicar as listaxes definitivas: de EP (3º, 4º, 5º e 6º) o 20 de xullo de 2018.

 

O centro avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Ed. Primaria. Igualmente tamén se avisará ao alumnado que  lle corresponda o vale para material escolar. As distintas listaxes do fondo libros aparecerán nesta páxina web do colexio.

ACTO FINAL DE CURSO

O xoves 21 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2017/18. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.

A apertura das portas será ás 12:05 h 

 

 

REUNIÓN FAMILIAS PARA O NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS (4ª EDUCACIÓN INFANTIL) PARA O CURSO 2018-19

O vindeiro mércores 27 de xuño ás 11.00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha reunión informativa coas familias do alumnado de nova incorporación (4º de Educación Infantil) para o curso 2018-19.              

 A matrícula poderá realizarse ese mesmo día.

Documentación necesaria:

- Cubrir un impreso de formalización de matrícula (anexo III-1) que se proporciona no centro e se pode cubrir nesa xuntanza.

- 4 fotografías co nome e apelidos escritos por detrás.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopia do libro de familia.

                                                         

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL, LIBROS E COMEDOR ESCOLAR

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o seguinte á publicación oficial da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O prazo de presentación das solicitudes será do 31 de maio ao 27 de xuño, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a partir do 30  de maio, a través de:www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou 986810260.

Ditas axudas para libros de texto e material escolar son só para a segunda etapa de Educación Infantil, e as de comedor para Educación Infantil, Primaria e Secundaria

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19

Saíu publicado no DOG do 21 de maio (Orde do 9 de maio) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 17/18. A falta de devolución é motivo de exclusión. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

        A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a base impoñible do aforro (recadro 405); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

.

        O prazo de solicitudes (anexo I e II) vai do 22 de maio ao 22 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2016.

Como novidade este ano as familias poden tamén realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

.Publicación de listaxes provisionais de axudas concedidas: ata o 12 de xullo.

  •           Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días dende a súa publicación.
  •           Publicación das listaxes definitivas de axudas concedidas: ata o 20 de xullo.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  •           Formulario de solicitude.
  •           Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  •           Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  •           Certificado ou volante de convivencia, de ser o caso.
  •           Violencia de xénero: acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 

 

Distribuir contido