BO DÍA! 3º TRIMESTRE!

Bo día familias e chic@s!

Volvemos ó traballo.

Antes de nada, déixovos un email onde podedes mandar as vosas dúbidas ou traballos (en infantil non fai falta, pero está ben ver algunha foto d@s vos@s peques vendo algún vídeo ou facendo algunha actividade)

 

En primeiro e segundo de primaria tendes tamén vídeos e páxinas nas que xogar en inglés, pero tamén tendes as fichas do libro. Non fai falta que me mandedes foto das respostas porque sei que non tod@s tendes os medios nesta situación.

 

Para @s maiores, de 3º a 6º, tendes as diferentes fichas que vos irei enlazando e xa me chegan ó premer en "enviar á miña profe". Segundo as vaia correxindo intentarei respondervos a tod@s sobre os resultados. 

 

O correo para estas tarefas é englishmestres@hotmail.com

 

Sen máis, espero que esteades levando a situación o mellor que poidades e aproveitade para aprender a facer cousas na casa que non fixestes nunca, pode ser moi divertido!

Moitas apertas virtuais a tod@s! Seguimos en contacto!