Blogues
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres.
Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada ca paz, co obxetivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.
Reapertura da biblioteca
A Biblioteca abriu as súas portas a novas historias, a novos proxectos e, por suposto, á maxia da pintura. E que mellor xeito de comezar que con outra clase de maxia, a da música de uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitísima grazas por agasallarnos co voso tempo, enerxía e bo facer.
INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Temos o pracer de anunciarlles que o venres 27 de outubro terá lugar a gran estrea de:
PELICULETRAS "Unha biblio de cine"
A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS
Benvidos a este novo curso de parte da Biblioteca e, sobre todo, de parte de Mik, que xa algo canso de tanto descanso nos recibe con novas aventuras. Este curso toca ser exploradores, guías turísticos. Co noso proxecto: A volta ao mundo en 80 historias, percorreremos unha chea de países e descubriremos e aprenderemos moreas de cousas sobre monumentos, comidas, vestimentas, costumes e tradicións, música, problemas aos que se enfrontan noutros lugares…, e quen sabe cantas cousas máis.
Como punto de inicio e para cargarnos de enerxía, que boa falta nos fará, imos a ter como convidado a Jõao Paulo Espanhol, músico brasileiro que leva metido neste mundo desde os oito anos. Aínda que agora vive aquí ao lado, en Sárdoma, é natural de Espirito Santo. Poida que Brasil sexa un dos países a investigar, quen sabe. Estes e outros misterios quedan para máis adiante, de momento a gozar do espectáculo!!