PARA @S CHIC@S DE 4º

Ola de novo!

Seguimos no liveworksheets, pero ide a modo, non teñades présa, que aínda temos que repasar os 4 primeiros temas. 

Antes de facer as fichas que vos engadín hoxe ó cuaderno, temos que repasar o Present Continuous (SUBJECT + VERB TO BE + VERB + ING + ...). Témolo copiado na libreta en afirmativo, negativo e interrogativo e é o que utilizamos para o xerundio (ela está comendo pizza).

Repasade ben a teoría na libreta. Se non a atopades, unha das fichas do liveworksheets (debería ser a última), trae a explicación en afirmativo, negativo e interrogativo. 

Déixovos repasando isto ata o xoves, que vos mandarei algunha frase para traducir. 

Moitas apertas!