PARA TÓDALAS FAMILIAS

Bo día!

Para seguir as instrucións do goberno respecto ó 3º trimestre, imos deixar de avanzar materia e adicar o tempo que nos queda de curso a actividades de repaso para @s alumn@s que teñen as dúas primeiras avaliacións aprobadas e de reforzo para aquel@s que teñen algunha suspensa, co fin de intentar recuperalas, excepto en 6º de primaria, que, como cambian de ciclo, farán as dúas cousas, recuperar e avanzar de cara a estar preparad@s para o instituto.

Polo tanto, empezade a repasar dende o tema 1 a ver qué tal se lembran do vocabulario e das estruturas gramaticais e en canto poda, subireivos tarefas de repaso. 

Moitas gracias pola vosa comprensión e esforzo. Apertas @s chic@s!