Skip to Content

PVAD-Xogade

Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Creamos co lixo

O PDI deste curso nas áreas de Educación física e musical estivo centrado nunha das 4 R da reciclaxe, en concreto na de Reutilizar. Seguindo a línea do PDI do centro titulado "O Sueiriño a diversidade respeta. Traballemos xuntos a prol do planeta", quixemos ensinarlle o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria o sinxelo que é reutilizar material de refugallo para crear novas cousas.

Neste caso creamos os nosos propios instrumentos musicais e os nosos xoguetes.

Con esta unidade didáctica non solo aprenderon a importancia das 4 R, senón que utilizaron a súa imaxinación e a súa faceta máis creativa para facer dun anaco de lixo todo un pasatempo artístisco ou deportivo.

Acrosport nas clases de Ed. Física

Neste último trimestre do curso, practicamos na nova sala de psicomotricidade o deporte de acrosport que consiste nun deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios están integrados tres elementos fundamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides do corpo.
  • Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra.
  • Música que admita a combinación coreográfica dos elementos anteriores.

Con esta actividade estamos fomentando a cooperación, onde existe a presenza de compañeiros e compañeiras que sincronizan as súas accións motoras nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.


 ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA



ALUMNADO DE 3º DE EUCACIÓN PRIMARIA


Pupas, sustos e outros disgustos

O 27 de abril, os nosos amigos e amigas de "Pupas, sustos e outros desgustos", achegaron ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria, teoría e práctica sobre como actuar ante problemiñas comúns como unha ferida, picadura... e non tan comúns como traumatismos fortes, queimaduras graves ou persoas feridas sen resposta aparente.

A TV de Telemiño estivo presente para facer unha reportaxe da actividade.

Obradoiro de primeiros auxilios

As situacións máis cotiás da nosa vida agochan riscos para a integridade física das persoas que máis queremos. Se fose necesario, nós poderemos coidalos dende o primeiro momento, evitando e reducindo posibles danos.

Unha experta contratada polo Concello de Ourense ensinounos como conseguilo, compartindo connosco o que eles fan a diario. Dominar os coñecementos básicos de primeiros auxilios pode garantir un final feliz para un accidente inesperado.

Así se divertían os nosos avós

Reportaxe realizado polo Xornal La Región no noso centro na xornada de xogos populares que desenvolveu lito, da Fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro.

Se premes na imaxe de máis arriba poderás ver a nova no Xornal escolar

 

Xogos populares

O 17 de febreiro de 2022, o alumnado 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu “Lito”, da fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro dende ás 09:50 ata ás 11:30 horas.

Os xogos que realizou o alumnado de 6º de Educación Primaria, foron a billarda, a chave e a ra.

Coma sempre, pasámolo xenial!! Xa estamos agardando a que regrese para unha nova sesión de xogos.

Xogando ao atletismo.

O 10 de febreiro participamos na proba comarcal de Xogando ao atletismo que organizou a agrupación deportiva As Brurgas dentro do programa Xogade.

O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria dun total de oito colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, triple salto, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade.

A maioría do alumnado era a primeira vez que participaba nunha proba deportiva destas características, polo que estiveron moi emocionados ao longo de toda a xornada. O mellor momento de alegría foi cando recibiron unha medalla de ouro polo esforzo e compañeirismo mostrado nas diferentes probas.

Estamos desexando ser invitados para participar na xornada provincial que se celebrará nos próximos meses.

 

Xogando ao atletismo en Sportur

O 19 de novembro participamos nunha xornada de atletismo que organizou a Federación de atletismo e o Servizo de deportes da Consellería dentro das actividades que se desenvolveron na IV edición da Feira do deporte Sportur.

Un total de 10 colexios da cidade de Ourense realizamos unha xornada de convivencia deportiva na pista cuberta de atletismo de Expourense practicando a modalidade deportiva Xogando ao atletismo. Unha forma lúdica de iniciarse no atletismo con equipos mixtos compostos por cinco deportistas que realizan probas de velocidade, lanzamento, saltos, axilidade, relevos, … adaptados á súa idade.

Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que comecen as probas do Deporte escolar que se levan sen celebrar desde hai máis dun ano.


Resultados das probas


 

 

Día mundial da alimentación e do Pan

O 15 de outubro conmemoramos o Día Mundial da Alimentación 2021, que tamén coincide co Día Mundial do Pan, celebración promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), co claro obxectivo de reducir a fame no mundo, un propósito tamén buscado pola Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) co seu obxectivo de "fame cero".

O obxectivo do Día Mundial do Pan é dedicar un día a un dos alimentos máis tradicionais do mundo, así como dar a coñecer o seu valor nutricional e a súa importancia na dieta diaria dos seres humanos.

O pan que coñecemos hoxe remóntase ás culturas máis antigas que habitaron a Terra. Dende os tempos antigos este alimento elaborábase con fariña de trigo, aínda que existe unha gran variedade de pans elaborados con diferentes cereais como o millo, o centeo ou a espelta. De todos eles tivemos a oportunidade de degustar en todas as aulas do cole como actividade final á realización das unidades didácticas que elaborou o EDL sobre un dos pans máis famosos e mellores do noso país, como é o pan de Cea.


Unidades didácticas sobre o Pan elaboradas polo ED e equipo de biblioteca do noso centro para traballar no Día da alimentación:


A milla diaria

Este curso, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), co que pretendemos abordar a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado, estamos a desenvolver a modalidade da “Milla diaria” coa que perseguimos traballar os seguintes obxectivos:

  • Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
  • Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.
  • Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
  • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

Como actividade central, todos os días, despois da segunda hora lectiva de clase, todo o alumnado do centro dá dúas voltas a un circuíto realizado no patio. O alumnado de E. Infantil, realiza aproximadamente media milla e o de Ed. Primaria unha milla.

Distribuir contido


by Dr. Radut