Neste último trimestre do curso, practicamos na nova sala de psicomotricidade o deporte de acrosport que consiste nun deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios están integrados tres elementos fundamentais:
- Formación de figuras ou pirámides do corpo.
- Habilidades ximnásticas como elementos de enlace entre unha figura e outra.
- Música que admita a combinación coreográfica dos elementos anteriores.
Con esta actividade estamos fomentando a cooperación, onde existe a presenza de compañeiros e compañeiras que sincronizan as súas accións motoras nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.
ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA
ALUMNADO DE 3º DE EUCACIÓN PRIMARIA