O 16 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de igualdade de xénero e interculturalidade que desenvolveu a Asociación Xarela na biblioteca do noso centro.
O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo.
Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as.
Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o concurso que promove esta actividade.
O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,…
Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven.
Pasión pola auga!!
O 18 de abril de 2018, estiveron con nós as CHARLAS TECNOLÓXICAS ICCKIDS 2018 "IMAXINA OUTRA REALIDADE" programa da Deputación de Ourense na que amosaron ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º as vantaxes da tecnoloxía e a importancia da robótica e a realidade virtual.
Despois da explicación tocou gozar da experiencias das gafas de realidade virtual. Xa estamos agardando a que volvan con máis xogos e actividades.
O día 04 de abril de 2018 estiveron co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria membros asociación COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
Na aula de 3º e 4º de Educación Primaria explicáronnos a través de vídeos as dificultades que teñen as persoas con discapacidade a día de hoxe.
Na aula de 5º e 6º de Educación Primaria a explicación centrouse na terminoloxía de termos como: discapacidade, minusvalía, enfermidade, discapacidade motriz, intelectual,…
Despois da explicación tocou xogar no patio, e ver de primeira man como son os xogos e as regras dos mesmos adaptados para as persoas con discapacidade, entre eles: o fútbol, voleibol e xincana coas cadeiras de rodas.
O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.
“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”
Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.
Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!
Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.
Nos últimos tempos a diminución do consumo de peixe entre os nenos e nenas da nosa comunidade autónoma é unha realidade. É por iso que a Xunta de Galicia, consciente desa realidade, deseña actuacións que buscan o establecemento de medidas que faciliten o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as axudas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.
O noso cole participou, no mes de xaneiro, nun dos obradoiros que e Consellería do Mar realiza nos centros educativos galegos. Dun xeito lúdico, coñecimos os principais nutrientes que nos aporta o pescado e descubrimos varias receitas con peixe que son fáciles de realizar.