Skip to Content

Varias

O libro viaxeiro

O alumnado de Educación Infantil leva dentro da súa mochila da biblioteca o "Libro viaxeiro" que consiste nun caderno que deberán ir completando, coa axuda das súas familias, sobre os libros que lean nas súas casas.

Esta actividade, que xa leva varios anos en funcionamento, ten gran aceptación por parte da comunidade educativa o que redunda en que a calidade dos produtos realizados sexa cada vez mellor.

Achegamos algunhas mostras de dito traballo.

Moitas grazas e parabéns para as familias dos cativos.

 Libroviaxeiro

 

Obradoiro de plástica con Baldomero Moreiras

Este ano, en sexto de Ed. primaria, estamos a desenvolver un proxecto documental titulado “Da man de Baldomero, pintura e escultura imos coñecer”. Con este traballo estudaremos distintos materiais e técnicas plásticas, así como estilos pictóricos e escultóricos.

A principios de febreiro, realizamos un obradoiro de plástica, dirixido polo prestixioso pintor ourensán Baldomero Moreiras. Con el realizamos un collage de pombas zurita e polipava.

No mes de marzo volverá a ensinarnos máis cousas

Asemade, aproveitamos para facerlle esta entrevista. .

ENTREVISTA BALDOMERO MOREIRAS


P. Cando comenzaches a pintar?
R. De neno , na escola, o mestre dábame xices  de cores e pintaba e debuxaba no encerado  de cor negro que tiñamos en clase.

P. Inspíraste sempre en algo concreto?
R. Si sobre todo en Galicia, a natureza, os animais, os cabalos…

P. De non ser pintor. Que serías?
R. Pois... pintor.

P. Por que fixeches as bolas de neve?
R. Porque son dun personaxe sacado do libro de Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro

P. Que opinas de que na escola aprendamos cousas con cadros de pintores famosos?
R. Paréceme moi ben, é unha idea estupenda.

P. Das bolas de neve que fixemos nós, cal che gusta máis?
R. A que máis me gusta e a das pombas  da Paz.

P. Paréceche tempo suficiente unha sesión de plástica á semana en Ed. Primaria?
R. Coido que deberiades ter polo menos tres horas semanais, pois a pintura e o debuxo son cousas moi boas.

 

Artigo na revista ourensá "Verbas"

A revista ourensá "Verbas", recentemente saída á rúa, publica, no seu primeiro número, un artigo sobre a realidade aumentada no noso centro.

Premendo na imaxe teredes acceso ao artigo.

Na procura do pasado

O 1 de febrero, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, asistiu á Sala de Exposicións Afundación para visitar a exposición  «Na procura do pasado. Orixe e evolución da arqueoloxía en Ourense», iniciativa do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A exposición aborda a historia da arqueoloxía na provincia de Ourense, desde estes primeros comenzos ata mediados da década dos setenta.

A exposición, abordase a través dos nomes máis relevantes neste campo como Marcelo Macías, Manuel Chamoso Lamas, Florentino Cuevillas, Xesús Ferro Couselo, Conde-Valvís… e algunhas das pezas máis relevantes da arqueoloxía ourensá como a Ara de Calpurnia Abana (s. II), a Lápida do Castro de San Facundo (S. I-II), ass Puntas de frecha de Monte Albán (3.000-2.000 a. C)…

Unha vez analizada os estudos arqueolóxicos destes autores, participamos nun obradoiro de arqueoloxía tratando de atopar e documentar diferentes restos arqueolóxicos… foi unha gran experiencia!!

 

Obradoiro de xogos populares

Un ano maís a Fundación Xaquín Lorenzo, da man de Lito, un dos mellores coñecedores dos xogos populares de Ourense, realiza no noso centro dúas sesións de xogos.

Na primeira sesión participamos nunha sesión de xogos de mesa para días de choiva que se poden realizar dentro da aula sen ningún tipo de problema. Os xogos foron os seguintes:

  • O muiño: Este xogo pertence á familia dos alquerques e aparece recollido no ‘Libro del axedrez, tabas y dados’ de Afonso X O Sabio.
    É para dous xogadores e cada un deles comeza o xogo con nove fichas de man que ben poden ser garavanzos, fabas, pedras ou paus.
    A partida ten dúas partes diferenciadas, na primeira cada xogador sitúa alternativamente as súas fichas nos puntos libres do taboleiro, coidando formar liñas de tres e máis evitando que o faga o contrario. Cada vez que un xogador faga cun movemento un ‘tres en liña’ consigue retirar unha das fichas do contrincante eliminándoa da partida.
    As fichas móvense de maneira adxacente e buscando facer tres en liña e evitando o que o faga o contrario. Gaña a partida o primeiro que reduce ó contrario a dúas pezas, ou ben quen inmobilice tódalas fichas do outro.

  • O moco: Colócanse as fichas no taboleiro e vanse collendo por columnas según o criterio de cada quen. o último xogador en coller ficha perde.

  • Os marcianitos: Debuxanse as naves nun lado do folio e polo lado contrario vanse facendo marcar no mesmo tratando de tocar as naves para destruílas.

Exposición filatélica en Monforte

O traballo filatélico realizado polo alumnado de 3º de Ed. Primaria do noso cole está exposto no edificio de correos de Monforte de Lemos para fomentar e dar a coñecer a oficialidade do Camiño de Inverno a Santiago.

Asemade, en dita actividade presentouse a tarxeta prefranqueada e o mataselos que se editaron para conmemorar dita oficialidade.

Moitos parabéns polo traballo realizado!!

 

Concerto de Nadal: "Estación Nadal"

Estación NadalA Concellería de Educación celebrou o Nadal cos alumnos e alumnas máis cativos e que mellor forma que  levando a cabo un concerto que ten por nome  "Estación Nadal" a cargo do recoñecido grupo "Mamá Cabra".

As profes dixéronnos que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal.

É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida.

Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal?

Foi espectáculo cheo de diversión no que houbo moitas sorpresas…

Pasámolo xenial!!!

Concerto M

Sesión de xogos realizada polo alumnado do CIFP Portovello

Alumnado do CIFP Portovello, coa coordinación do seu titor Roberto Fdez Cartón, desenvolveu no noso colexio unha sesión de xogos baixo a temática dunha "feira" formada por 5 casetas, cada unha delas cun xogo diferente, polas que foron rotando todos os nenos e nenas de Ed. Primaria do centro. Asemade, o alumnado de Ed. Infantil tamén participou nunha sesión, especialmente deseñada para eles, no patio de xogos do cole.

Os xogos realizados foron os seguintes: tres en raia (dragón); paracaídas (tiovivo); rá e as pontes (tirachinas), e o globo irrompible (rompebolas). No programa da sesión pódese ver en que consistía cada xogo. Todos eles foron do agrado do alumnado, non hai máis que ver as súas caras na galería de imaxes.

Felicitamos ao alumnado do CIFP Portovello e ao seu profesorado por esta actividade e animámolos a repetila nun futuro que esperamos sexa próximo.

Moitos parabéns polo traballo realizado!!

GALERÍA DE IMAXES

Magosto 2016

O xoves 10 de novembro celebramos, no patio exterior do colexio, a festa do magosto a pesar de que a choiva estivo ameazando toda a mañá, aínda que non foi quen de impedirnos prender o lume para asar as protagonistas do día: as castañas. Estas, estiveron acompañadas, no menú, duns riquísimos chourizos preñados e dunha exquisita bica que nos trouxeron os membros da directiva da ANPA do colexio.

Para rematar, movemos o esquelete ao son da música que o alumnado solicitaba ao noso DJ particular.

Galería de imaxes do magosto    


 

Exposición de calacús 2016

O xoves 27 de outubro celebramos no centro a festa do Samaín, coa entrega de diplomas a todos os participantes na exposición de calacús que tivo lugar, nos corredores do colexio, ao longo de toda a semana.

Hai que destacar o espectacular nivel dos traballos presentados e a elevada porcentaxe de participación da comunidade educativa nesta tradicional festa do noso centro.

Na galería de imaxes podedes observar as verdadeiras obras de arte que nos achegastes...

...moitos parabéns a todas e todos!!

Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)   

Distribuir contido


by Dr. Radut