Skip to Content

Escolares

Vídeo resumo do curso 2017/2018

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2017/2018.

Esperamos que sexa do voso agrado...

 

Formación de usuarios na biblioteca

A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

Con alumnado de Ed. Infantil traballáronse os seguintes obxectivos ao longo do curso:

  • Recoñecer e manter a orde na biblioteca.
  • Expresar oralmente as necesidades de información ou lectura e os obxectivos das mesmas.
  • Iniciarse no hábito de consultar libros.

Para conseguilo, realizamos as seguintes actividades:

  • Visitamos a biblioteca unha vez por semana. Para dita actividade  puxemos unha serie de normas:
  • Entrar en silencio
  • Coller os libros cando diga a profesora.
  • Non interromper aos nenos/as que estean nela.
  • Sentarse ordenadamente sen arrastrar cadeiras…
  • Observamos os estantes dicindo a diferencia entre os que estean coa letra vermella e coa amarela.
  • Collemos algún libro en castelán e en galego.
  • Eliximos algún conto para contarlles na biblioteca .
  • Facemos debuxos do conto.
  • Debuxamos a nosa biblioteca.
  • Cada venres imos á biblioteca para cambiar o noso libro da mochila viaxeira.
  • Os luns traemos de volta os libros co debuxo do libro que levamos.
  • Realizar xogos clasificatorios e colocar ol libros nos seus andeis correspondentes a altura dos nenos.
  • Buscar coleccións: clásicos, animais.
  • Dialogar cos nenos e nenas en torno os contos e a información:
  • Para coñecer,comprender e crecer
  • Se nos gusta a aventura
  • Para viaxar imaxinando.
  • Buscar información gráfica nos libros seleccionados.
  • Debuxos dos contos que contamos na biblioteca.
  • Elaboraron un libro cada neno e nena sobre o nacemento dunha planta titulado “A nosa fabiña Mariña”.
  • Cada semana farán un debuxo na casa do conto que levaron na mochila viaxeira.
  • Tamén sobre o conto “Pico y el abeto” fixeron a árbore para explicar porque a algunhas árbores non lles caen as follas no inverno.
  • Contaron algúns contos clásicos como “Blancanieves y los siete enanitos”.

A valoración das actividades da biblioteca son positivas xa lles encanta estar nela e séntense maiores buscando libros.


O alumnado dos primeiros cursos de Ed. Primaria, xunto cos seus titores, adicaron  un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas máis básicos que nela rexen . Así puideron acadar  os seguintes obxectivos:

  • Coñecer a función da biblioteca e os seus servizos
  • Introducir as distintas función  de información e lectura que poden ter os documentos.
  • Recoñecer os elementos que identifican os documentos: título, autor, ilustrador.
  • Coidar e respectar os materiais e recursos.

Realizaron as seguintes actividades:

  • Visitas á biblioteca escolar para coñecer as súas seccións e os diferenes recantos..
  • Seleccionar contos, narracións e libros de consulta e comparar información.
  • Cumprimentar una fichas resumo dos libros lidos.
  • Elaborar un listado de accións para coidar os materiais da biblioteca.

En 3º e 4º de Ed. Primaria os obxectivos perseguidos foron os seguintes:

  • Localizar a biblioteca no espazo escolar e familiarizarse con ela.
  • Coñecer as normas de comportamento na biblioteca.
  • Recoñecer os documentos que podemos atopar: libros, revistas, audiovisuais,…
  • Recoñecer e manter a orde a biblioteca.
  • Identificar as partes físicas dos impresos: portada, cuberta, contracuberta,…
  • Dominar o espazo da biblioteca e as súas seccións.
  • Coñecer a CDU e as signaturas dos libros.
  • Comprender o sistema de clasificación da CDU.

ACTIVIDADES

  • Visita á biblioteca escolar e coñecer os seus recunchos.
  • Dialogar sobre as normas de conducta.
  • Clasificar os documentos en función dos soportes.
  • Realizar xogos clasificatorios e colocar os libros nos seus andeis correspondentes.
  • Cumplimentar ficha.
  • Debuxar un plano da biblioteca.
  • Relacionar libros con signaturas.
  • Clasificar en función da CDU.
  • Outras actividades:
  • Fixemos una presentación a Alejandro un neno novo que chegou de ARGENTINA de todos os recunchos da nosa Biblioteca
  • Tamén lle dimos a coñecer as normas da nosa biblioteca.
  • Ensinámoslle cada un dos andeis da biblioteca e o material que alí se encontra.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nos distintos andeis .
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no “tejuelo”.
  • Realizamos diferentes exercicios co “tejuelo”
  • Finalmente gravamos un vídeo con toda a información traballada anteriormente.


A formación de usuarios, en 5º e 6º de Ed. Primaria, estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Repasar o sistema de clasificación da CDU e identificar os seus elementos, facendo actividades de clasificación e cumprimento de fichas.
  • Coñecer buscadores de internet e realizar pescudas para a documentación do traballo sobre escultura. Traballar sobre o realizado en Google presentando de xeito colaborativo.
  • Asemade, tamén fixeron pescudas en libros informativos: enciclopedias, biografías,....

Froita fresca na escola

No curso 2017/2018 volvemos a participar no programa "Froita fresca na escola" organinado pola Consellería de Educación en colaboración co FOGGA e Fondo europeo de garantía agraría.

Este actividade está incluída dentro do programa do Plan Proxecta "Aliméntate ben".

O obxectivo principal desta actividade estivo relacionado coa oferta a todo o alumnado do centro de froita fresca ao longo de catro semanas do curso. Dúas foron ipartidas antes de Nadal e aoutras dúas a final de curso.

Visto o éxito e aceptación do programa por parte de toda a comunidade educativa, para o próximo curso voltaremos a participar nel.

 

 

Día do libro 2018

Este ano, o Día do libro celebrámolo xunto co alumnado do CIFP Portovelo, nunha xornada de convivencia entre os dous centros, a carón da sobreira senlleira do barrio das Lagoas.

O noso alumnado interpretou a canción "Un libro" de Paco Nogueiras.

 

O alumnado de Ed. infantil representou unha obriña teatral titulada "Quen anda no Universo".

 

O alumnado do CIFP Portovelo realizou lecturas escollidas dos seus autores favoritas.

Desfile de Entroido 2018

O venres de Entroido realizamos o desfile de disfraces na pista polideportiva do centro cunha gran asistencia de familiares e amigos do alumnado.

Previamente ao inicio do desfile, participamos nunha degustación de doces de entroido que foron realizados coa colaboración das familias do alumnado. Desde o centro, agradecemos o esforzo e traballo de todos e todas as reposteiras participantes.

Como en anos anteriores, cada curso disfrazouse dunha temática que está relacionada co PDI que están a desenvolver nas súas aulas:

Ao rematar o desfile,

pasámolo xenial no baile de disfraces!!

GALERÍA DE IMAXES

Apertas que voan

Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan".

No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz.

YOU´LL NEVER WALK ALONE 2018

YOU´LL NEVER WALK ALONE

Neste día, no que conmemoramos o International Day of Peace,
As nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro
Queremos camiñar, non en solitario, senón en boa compaña.

Na nosa escola nunca camiñamos sós,
As nosas mestras e mestres camiñan ao noso carón
Compartindo as incidencias no noso camiñar.
GRAZAS PROFES!

Pero hai moitas persoas que camiñan en soidade
Fuxindo do horror, da fame, da dor, …
E descalzos ao longo dese camiño

Non queremos que camiñen en soidade,
Compartimos o noso agarimo, e os nosos zapatos.
Un calzado moi especial, cheo de esperanza.

Son os nosos SHOES FOR PEACE,
Que nos permitan WALK WITH THE REFUGEES
E berrar ben forte YOU´LL NEVER WALK ALONE!!!

 

GALERÍA DE IMAXES

 

Día da Paz 2018

O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e non violencia coa realización das seguintes actividades:

  • Recitamos o poema de Neira Vilas "Cantarola dos nenos". Previamente cada curso traballara na súa aula unha estrofa do poema plasmando graficamente o que representaba dita estrofa. Con todas as ilustracións, realizamos un gran libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.

  • Todo o centro participou na actividade "Grúas pola Paz". Coñecemos a historia deste movemento en prol da Paz. Cada alumno deixou un desexo nuha grúa para achegar ao mural colectivo que creamos na entrada do centro.

  • Coa mestra de música, practicamos ao longo da semana a coreografía da canción de Paco Nogueiras "Apertas que voan" que cantamos o Día 30 na entrada do cole.

  • Para rematar a nosa teacher organizou a actividade "Walk with the Refugees" na que entonamos a canción que hoxendía o Liverpool ten coma o seu himno.

 

Cantarola dos nenos

Ao longo das semanas previas ao Día da Paz todas as aulas do centro traballaron co poema de Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos".
Cada clase ilustrou unha estrofa do poema. Ao rematar os traballos elaboramos un libro ilustrado do poema que pasou a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
O Día da Paz recitamos, na entrada do centro, o poema .


 
GALERÍA DE IMÁXES

Mandas dos mecos 2018


 

Os mecos do Manuel Sueiro volveron tomar protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicaron puntalmente as súas mandas...

...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.

Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

Distribuir contido


by Dr. Radut