Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Ed. Musical

Xoves de comadres 2016

O xoves, 4 de febreiro, o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación e animou a fabulosa "Sabela". Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro.

Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre o Entroido en Ourense. Pasámolo xenial, a pesar de que ningún de nós conseguiu salvar a súa comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense.

A prensa recolleu a nova nas súas edicións:

Para o próximo ano volveremos!!!

Galería

Xogando ás olas coas Pitas de Eiroás

Xogo das olas

O último venres de xaneiro, víspera do domingo oleiro, as Pitas de Eiroas cordinaron o xogo das olas no noso colexio. Previamente, tivéramos un obradoiro onde nos explicaron a orixe da Pita de Eiroás e asemade nos amosaron como decorar as olas coas que posteriormente íamos xogar.

Este ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a VERDE CLARA, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público, despois de ter sido unha das propostas de cor nos últimos anos e ante a continuidade dun modelo que semella ir encamiñado cara a precarización dos servizos públicos e de calidade.

No desenvolvemento da actividade participaron tres Pitas de Eiroás e todo o alummado e profesorado do centro. Esta resultou ser moi entretida para todos os participantes. A pesar de que había un bo número de olas, estas resultaron insuficientes debido á aceptación e entusiasmo que amosaron os participantes no xogo.

Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos...

Galería de imaxes

O meco manda 2016

 

Os mecos do Manuel Sueiro toman protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicarán puntalmente as súas mandas...

...non vos esquezades de visitalos para poder cumprilas.

luns martes Mércores  
Luns Martes Mércores Xoves Venres

Preme na Galería de imaxes para ver que ben o pasamos

Día da Paz 2016

Ao longo da semana do Día da Paz traballamos nas aulas con recursos educativos compilados polo equipo de biblioteca.

O alumnado de 5º e 6º curso traballou sobre o exilio e as diferenzas culturais a través da unidade didáctica "La pequeña Carlota"de ACNUR. O alumnado de 2º traballou sobre o respecto, a educación e a tolerancia. O alumnado de 3º e 4º volveu a traballar sobre a historia de Malala e a súa defensa da educación para todo o mundo.

Unha das actividades centrais foi a interpretación da canción BLOWIN IN THE WIND de Bob Dylan polo alumnado de 1º,2º,5º e 6º na biblioteca do centro.

Galería de imaxes

Mellores lectores do 1º trimestre

Leo dálle moitos parabéns aos mellores lectores do primeiro trimestre.

Mellores lectoresEspero verte no próximo trimestre nesta imaxe!!

Festival de Nadal 2015

Galería de imaxes

 

O xoves 17 de decembro celebramos o Festival de Nadal ás 17:30 horas no Salón de Actos do IES das Lagoas. Desde aquí agradecemos a todos os asistentes a súa participación nesta festa que con tanto esforzo e ilusión prepararon os nenos e nenas do cole para as súas familias e amigos.

O programa de actuacións foi o seguinte:

Na seguinte galeria podedes acceder a todas as imaxes da actuación.

Galería de imaxes

 

Concurso postais de Nadal

Dous alumnos do noso centro resultaron premiados no Concurso de postais de Nadal que organizou o Colexio de Economistas de Ourense no que participou alumnado que cursan estudos en infantil e primeiro e segundo ciclo de educación primaria en distintos colexios da provincia de Ourense.

O traballo de Iván González resultou gañador do concurso e a súa postal foi empregada para felicitar o ano polo Colexio de Economistas.

Moitos parabéns!!

Premiados

Para ver a resolución dos premiados mirade na páxina do Colexio de Economistas.

Tres grans de sal

Poema de Concha Lagos recitado polo alumnado de 1º de Ed. Primaria na Hora de Ler.

 

Alas de mosca para Angel

Ver imaxes

No mes de decembro, o alumnado de 6º curso participou no concurso de animación á lectura sobre o libro de Fina Casalderrey, traballado na Hora de ler, titulado "Alas de mosca para Ángel". Unha fermosa historia que nos fai pensar sobre o difícil que pode resultar a integración pero cunha lenguaxe sinxela e emotiva.

Sinopse do libro:

Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e... a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón.

Pasámolo xenial demostrando o noso coñecemento sobre o contido do libro. Esta vez as puntuacións acadadas polos diferentes grupos estivo moi igualada ata a última pregunta.

Galería de imaxes

 

Premiados no programa de Meteoescolas

Proxecto meteoescolas

O proxecto de meteoroloxía desenvolvido no noso centro, o pasado curso escolar, resultou premiado no programa de Meteoescolas do Plan Proxecta sendo un dos mellor valorados de Galiza.

O xurado fundamentou este recoñecemento en virtude da "súa orixinalidade, do seu carácter multidisciplinar, e sobre todo o seu gran impacto tanto na propia Comunidade Educativa, como na contorna do seu centro".

Felicitamos aos verdadeiros artífices deste premio, xunto coa súa titora:

 

Imaxe do diploma

Este curso tamén participamos no programa de Meteoescolas. Esperamos seguir na mesma liña...

Distribuir contido


by Dr. Radut