O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco.
A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos.
Pasámolo xenial!!
O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila.
Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito.
Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas.
O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular.
É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo.. "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías".
(Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense)
A actividaderesultou ser ynha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación do alumnado.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria representou unha versión moi peculiar do "Club da comedia" para celebrar o Día do Teatro na biblioteca do centro ante todo o alumnado e profesorado.
Xa nos tiñan demostrado que tiñan madeira de actores e actrices, agora tamén podemosdicir que a teñen de humoristas!
Para o mes representarán no certame de teatro de Bande a obra titulada "Comerei dous".
GALERÍA DE IMAXES
0 14 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de Ed. primaria asistiu á representación musical "Paxaro amigo".
Músicas para a paz, de Mamá Cabra é un espectáculo para nenos, inspirado no libro "A bruxa Discordia", que nos anima a construír un mundo mellor e máis xusto.
Pasámolo XENIAL!!
O 13 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron no Auditorio Municipal a representación musical "Sandra e Meirol en Xistralia", de Gaiteiros da Xistra.
Meirol, un amigo, un músico, un caracol, acompaña a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e obstáculos. Ambos xogan cos instrumentos musicais tradicionais e cos Fastudos. Descubriron un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns. Cantaron e bailaron ao son das muiñeiras, xotas e pasodobres, e ata a propia Sandra estivo a piques de ser raptada por Terco, o malvado dragón de dúas cabezas.
Sandra e Meirol fixeron que todo o público participara das súas aventuras por medio das cancións e do baile.
Galería de imaxes
O xoves 27 de outubro celebramos o Día das bibliotecas escolares, con tres días de retraso sobre a súa data oficial, para unificar a celebración co Samaín.
Programa de actividades:
Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)
Un ano máis, fomos invitados a participar nas prestixiosas Xornadas de Teatro Infantil que organiza o CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas en colaboración co Concello de Bande.
Esta vez tocoulle ao alumnado de quinto de Ed. Primaria "codearse" cos mellores actores e actrices infantís da provincia de Ourense. Para a XXI edición deste certame escolleron a obra "Perdidos", escrita pola nosa teacher.
A temática da mesma está relacionada co proxecto de metereoloxía, dentro do programa de meteoescolas, que estamos a desenvolver desde hai dous cursos no noso cole.
Foi unha experiencia "inolvidable", a pesares dor nervios previos a nosa posta en escena.
No seguinte vídeo podedes observar o exitoso estreo...
... esperamos que vos guste:
GALERÍA DE IMAXES
Este mércores, 5 de febreiro, o alumnado de 5º tivo unha sesión de animación á lectura moi especial a cargo de Sarabela Teatro.
OS NENOS/AS DE 1º CICLO DE PRIMARIA PARTICIPARON NOS ENCONTROS DE TEATRO DE BANDE CON UNHA OBRA INÉDITA TITULADA:
"O AVOGADO DE PLEITOS POBRES". COMO PODEDES IMAXINAR O NIVEL EMOTIVO FOI MOI GRANDE, PERO O ÉXITO TOTAL.
NORABOA AOS ACTORES E POR SUPOSTO ÁS PROFES CONHI E FLORA, DIRECTORA E COLABORADORA RESPECTIVAMENTE.