Teatro

Gatuxo: teatro para escolares

O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco.

A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos.

Pasámolo xenial!!

XXII encontros de teatro escolar de Bande

O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila.

Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito.

Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas.

 

Acábate la sopa

O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular.

É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo..  "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías".

(Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense)

A actividaderesultou ser ynha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación do alumnado.

Día do Teatro 2017

O alumnado de 4º de Ed. Primaria representou unha versión moi peculiar do "Club da comedia" para celebrar o Día do Teatro na biblioteca do centro ante todo o alumnado e profesorado.

Xa nos tiñan demostrado que tiñan madeira de actores e actrices, agora tamén podemosdicir que a teñen de humoristas!

Para o mes representarán no certame de teatro de Bande a obra titulada "Comerei dous".

GALERÍA DE IMAXES

 

Paxaro amigo

0 14 de marzo, o alumnado de 1º e 2º de Ed. primaria asistiu á representación musical "Paxaro amigo".

Músicas para a paz, de Mamá Cabra é un espectáculo para nenos, inspirado no libro "A bruxa Discordia", que nos anima a construír un mundo mellor e máis xusto.

Pasámolo XENIAL!!

Sandra e Meirol en Xistralia

O 13 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiron no Auditorio Municipal a representación musical "Sandra e Meirol en Xistralia", de Gaiteiros da Xistra. 

Meirol, un amigo, un músico, un caracol, acompaña a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e obstáculos. Ambos xogan cos instrumentos musicais tradicionais e cos Fastudos. Descubriron un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns. Cantaron e bailaron ao son das muiñeiras, xotas e pasodobres, e ata a propia Sandra estivo a piques de ser raptada por Terco, o malvado dragón de dúas cabezas.

Sandra e Meirol fixeron que todo o público participara das súas aventuras por medio das cancións e do baile.

 Galería de imaxes

Día da biblioteca 2016

O xoves 27 de outubro celebramos o Día das bibliotecas escolares, con tres días de retraso sobre a súa data oficial, para unificar a celebración co Samaín.

Programa de actividades:

Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)  

 

 

XXI Encontros de Teatro de Bande

Un ano máis, fomos invitados a participar nas prestixiosas Xornadas de Teatro Infantil que organiza o CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas en colaboración co Concello de Bande.

Esta vez tocoulle ao alumnado de quinto de Ed. Primaria "codearse" cos mellores actores e actrices infantís da provincia de Ourense. Para a XXI edición deste certame escolleron a obra "Perdidos", escrita pola nosa teacher.

A temática da mesma está relacionada co proxecto de metereoloxía, dentro do programa de meteoescolas, que estamos a desenvolver desde hai dous cursos no noso cole.

Foi unha experiencia "inolvidable", a pesares dor nervios previos a nosa posta en escena.

No seguinte vídeo podedes observar o exitoso estreo...

... esperamos que vos guste:

GALERÍA DE IMAXES

Galería de imaxes

Actividade complementaria para 5º EP

Este mércores, 5 de febreiro, o alumnado de 5º tivo unha sesión de animación á lectura moi especial a cargo de Sarabela Teatro.

XVI ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR 2011 EN BANDE

OS NENOS/AS DE 1º CICLO DE PRIMARIA PARTICIPARON NOS ENCONTROS DE TEATRO DE BANDE CON UNHA OBRA INÉDITA TITULADA:

"O AVOGADO DE PLEITOS POBRES". COMO PODEDES IMAXINAR O NIVEL EMOTIVO FOI MOI GRANDE, PERO O ÉXITO TOTAL.

NORABOA AOS ACTORES E POR SUPOSTO ÁS PROFES CONHI E FLORA, DIRECTORA E COLABORADORA RESPECTIVAMENTE.

Distribuir contido