O proxecto inicial de participación no PDI do centro era de dous pequenos proxectos: Un sobre a cidade de Siena e outro sobre Frida Kahlo. Debido a que o proxecto de Siena sufriu ampliacións, dado o interese do alumnado, e a posibilidade de actividades que foron xurdindo, decidimos deixar para outro curso o proxecto sobre a pintora mexicana.
O PDI sobre Siena desenvolveuse segundo o proxectado coas modificacións que agora puntualizamos:
- Cambio de nome do proxecto consensuado co alumnado, Así decidimos chamalo “Siena, ridng colours”.
- Postos en contacto co departamento de italiano da EOI de Ourense e manifestar a súa disposición a colaborar connosco, ao longo do proxecto non contactaron de novo co noso centro, polo que supuxo unha decepción.
- O cónsul honorario de Italia en Galicia, Sr. Francesco Milani, confirmou a súa presenza no noso centro o 10 de maio. Por mor de problemas de saúde, na véspera da súa visita, tivo que ser anulada.
- Ampliación de recursos e fontes empregados:
- Fontes escritas:
- ByME. Arts & Crafts 1,2,3. Ed. Macmillan.
- Siena, playing with Art. Ed. Mandrágora.
- Il Palio di Siena. Pacini Editore.
- La belleza gótica de Siena. National Geographic.
- Terzo di Siena 1, 2, 3. Assessorato al turismo. Comune di Siena.
- Poema “La Pioggia”. Associazione Vivacemente.
- Fontes audiovisuais:
Os obxectivos, contidos e competencias clave que pretendíamos acadar foron as previstas e presentadas no PAL.
As actividades reflectímolas na presentación que se achega máis abaixo, así como nos enlaces da web do centro: