Skip to Content

Peliqueiro de Laza

En Laza teñen o PELIQUEIRO como personaxe central. Pero aquí existen outros personaxes secundarios a Morenao Maragato.

Os días finais do Entroido denomínanse en Laza de xeito distinto, así temos día dá borralleira, coa farrapada e a xitanada do burro.

En Laza, e as súas parroquias, sae tamén a Morena. É a representación dunha vaca. A cabeza está feita de madeira e os cornos son auténticos. Os ollos e a lingua son dun encarnado forte. A Morena arremete contra a xente e especialmente contra as mulleres con saias, que tenta levantar cos seus cornos. Os mozos que a escoltan levan fariña para emporcallar á xente e un saco con formigas rabiosas. Este armamento tentan colocarllo entre as roupas aos veciños, que saen á rúa cun vestiario ben hermético.
 
O martes ten lugar a lectura do Testamento do Burro. Un pregoeiro montado nun burro le unhas coplas burlonas e satíricas que recordan con sorna os aconteceres da vila desde o entroido anterior. Todos os veciños deben asistir ao Testamento do Burro.

O cigarrón adoita levar unha fusta ou zamarra, símbolo de autoridade, coa que se abre camiño, saúda ou pega. Como é de esperar non falta a celebración gastronómica; ten lugar o sábado anterior ao domingo gordo. Nela se degusta o cabrito, ademais dos derivados do porco e a sobremesa específica. Os lugareños enorgullécense do seu Entroido, e enfatízano situando a súa orixe na prehistoria.



book | by Dr. Radut