Mochila viaxeira na aula de 4º de Ed. Primaria

No curso escolar 2023/2024 o alumnado de  4º curso utilizou  dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado quedou reflectido nos debuxos que se acompañaron nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permitíronlle  ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titor de 4º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que tivera a maior variedade de textos e formatos para que o alumando tivera onde elixir.

Acompañou a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportaron a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

O material que acompañou a mochila do alumando de 4º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1ª mochila:


NARRATIVA:

  • LINGUA CASTELÁ:
  • Flambus Green.  El duende en la ciudad. Roberto Pavanello.
  • LINGUA GALEGA:
  • Unha volta ao mundo. Xavier Sarrionandía.. Editorial Kalandraka.

REVISTA:

  • Reportero DOC . Nº 305.

CÓMIC:

  • Los diarios de Cereza. El zoo petrificado. Joris Chamblain.


2ª mochila:


NARRATIVA:

  • LINGUA CASTELÁ: Flambus Green. Operación Ballena. Roberto Pavanello.
  • LINGUA GALEGA: A formiga coxa. Marilar Aleixandre. Editorial Xerais.

REVISTA:

  • Reportero Doc. Nº 297.

CÓMIC:

  • Los diarios de Cereza. El libro misterioso. Joris Chamblain.

Os alumnos e alumnas desfrutaron do contido das mochilas viaxeiras, completando  as opcións de lectura co préstamo semanal de libros que se realizou na biblioteca do centro.

Destacar que ler en familia foi unha actividade moi divertida que axudou a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriqueceunos a todos. Ademais, a lectura enriqueceu intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axudoulles  a coñecer o mundo no que vive e impulsoulles a querer saber máis. Comentando as lecturas que fixemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlle ao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Como conclusión dicir que o alumnado valora positivamente o contido das mochilas, achegando e compartindo os seus gustos persoais para vindeiras eleccións dos contidos das mesmas e reflectindo nos cadernos ,mediante debuxos ou textos, o que o contido dos libros elixidos lles suxire.