Skip to Content

Así foi o Nadal no noso colexio

Para ir entrando en materia, un ano máis o equipo de Normalización Lingüística  convocou o concurso de postais e poesías de Nadal. As obras de arte estiveron expostas no centro e finalmente as postais gañadoras  felicitaron as festas a toda a comunidade educativa, como xa tiveron ocasión de comprobar.

 

 

 

 

A medida que avanzaban os días o  aspecto do centro ía cambiando… grilandas, debuxos con motivos navideños, árbore de Nadal co Papá Noel e, por suposto presidindo o vestíbulo: o Belén. Cómpre sinalar que a totalidade das pezas foron realizadas por nenos e nenas de cursos anteriores. Ver fotos do Belén na galería.

 

 

 

Os pequechos de infantil practicaron a súa panxoliña ao pé da árbore de Nadal. No vídeo podedes mirar que ben o facían.

 


Ver vídeo

 

O xoves 19, celebrouse no IES das Lagoas o festival de Nadal. O instituto cedeunos as súas instalacións para así  poder dar maior cabida ás familias e  gozar comodamente das actuacións. Desde o centro agradecemos a presenza , case se pode dicir multitudinaria, das familias e destacamos que foi un fermoso espectáculo palpar no ambiente os nervios e ilusión dos nenos e nenas xunto co orgullo dos papás, avós etc. 

 

Fai click aquí

 

Fai click aquí

 

A guinda púxoa a ANPA o último día de clase. Despois de varias negociacións conseguiron que os Reis Magos se achegaran ata o noso cole! Tiveron o detalle de ir pasando por tódalas aulas recollendo as cartas cheas de ilusión dos pequenos  e dándolles un adianto cun agasallo.

 

 

Logo destes momentos tan intensos un chocolate con churros e bica esperábanos no comedor para clausurar o 1º trimestre e comezar as vacacións cun delicioso sabor de boca.

 

 



page | by Dr. Radut