Ao longo desta semana, os alumnos e alumnas de 4º estivemos traballando o día da Paz mediante as emocións.
Para elo creamos un virus, ao que lle chamamos "Odiovirus", que representa a violencia, os medos e as preocupacións.
Unha vez detectado o virus, creamos a vacina que nos axudará a combatelo. De nome puxémoslle "Amistidina" e os seus compoñentes son:
Comprometémonos a seguir traballando nela e no proceso de vacinación para erradicar a violencia.
Por último, cada un de nós elaborou a súa propia cartilla de vacinación segundo o modelo faciliatdo por Unicef baixo o título de "Paz e bo trato" coa que nos comprometemos a recordar os nosos compromisos e a mantelos vivos.