![](https://lh3.googleusercontent.com/prjKWVGmuD8V8lx1V_KnSUU7rdMEi2x7Rix6AvGtC-8SclNxE6hw9PvynZJDTLFUjCJq3iQHrMLSdYRsElVnq-Dwu_ApwpfrcRNPNTf8ptKUuyQexNN9IxNHEggAnjuHEY02hOvj-DHXUFAi27PND4Zb5yr8PFHOqfUcg6vW-0svNUj2ZK70TPlvOkHXsPSy69IkptZXWr5DAgrguoEGsfgp2brrpS0k2FsA_tQQ2txvEcQPvLrpGVaYDVT70DafnAvaO6Xpc3JPlVrhF72n7OSV2mk64E_3dZQQRbeB1tgeG7fm04P1zsqyc_fdIXgzrOiL7JYhuSKDkYzM1fptMJAIht6KG3AKYzVA8ZZI79QkSEShpf5iPwnIowCvQr8QZkNiApnoFjIN_0SdlDKfEphqBANkbmtiuHDKJfMghE1FZ58LaBiPfWYbikEV8DSop8YBdjc2_iFI8HijsoMG5R-QReIG3VGMNWGlYckUwFzkgOqr1X5Ej1nS4yHtQREdPNvAkQCX6CegCBvbkfnToQDIxhDpPmRpmNtixBGlXP3q5Ho8CxA3uAnX6L7lHDCcO_5Nl_YMVvu1Ffil-gtTBCZaNM3FCknzq7sFLRp-DgGacZwz5Q44iTwpg2e-SyhcStpdipEoTffZs-0GCBOnEkP7J7Hsj48A_Eu6lnPfAHYJmTFdqRKK1K1_UfCwccfgoxHbCFWTWZM90eWOiVnp4wb3PPL393G1gpe5pY21A_SIh1l3Uw=w1200-h396-no)
Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións.
Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:
- Lectura dos libros “Las Emociones de nacho” e “Como te sientes hoy?, para iniciar e identificar cada emoción, a súa xestualidade propia e que situacións que poden provocalas, quedando no recuncho das emocións para que os nenos e nenas podan manipulalos e ollar cando desexen.
- Proxección do conto “El monstro de colores" do que se partiu para a posterior elaboración do emocionómetro, no que en cada sesión colocan a pinza co seu nome no monstro co que se identifica (alegría, tristeza, calma, amor, enfado, medo).
- Un Emocionario onde cada neno e nena posou facendo as diferentes expresións e posteriormente colocamos no correspondente tarros das emocións.
- Preguntar cales son as situacións diarias que lles provoca estas emocións, anotando as máis recorrentes e falar sobre elas.
- Un libro individual do monstro de cores, que conten os debuxos que colorearon do monstro correspondente segundo a emoción traballada en cada sesión, a clasificación de situacións emocionais e unha montaxe cas fotos de expresións realizadas.