Neste curso os alumnos e alumnas de quinto curso de primaria traballaron o PDI correspondente a este curso sobre o sistema de clasificación da CDU na biblioteca e o tema a tratar foi “OS VIQUINGOS EN DINAMARCA”.
Partiron das ideas que xa tiñan sobre a cultura viquinga:Eran guerreiros salvaxes.
- Bos navegantes.
- Saqueaban pobos e ciudades.
- Fabricaban as súas armas.
- Tiñan moitos deuses.
Posteriormente, adentrámonos sobre o que querían saber sobre dita cultura :
- Orixe e historia.
- Vida social e clases.
- Cultura.
- Elección dos seus xefes.
- Papel da muller , etc.
Entre as ACTIVIDADES realizada cabe destacar as seguintes:
- Búsqueda de información sobre os apartados e nomenclatura da CDU para encuadrar a historia dos viquingos.
- Lectura de libros e revistas.
- Pescuda de información en Internet.
- Visionado de documentais e cortometraxes.
- Documentación e xogos sobre os viquingos ( Libro “Erik y Harald, guerreros vikingos).
- Reforzado co concurso de animación á lectura.
- Elaboración de disfraces de viquingos ( Entroido) e as súas armas( espada, escudo …..).
- Confección dun DRAKKAR ( barco de guerra viquingo).
- Elaboración de coplas para o asalto ao mosteiro.
A final de curso, fixemos unha exposición do traballo feito no corredor do colexio coa información obtida durante a consecución deste proxecto.
A avaliación, tanto por parte dos alumnos como do titor sobre o proxecto,foi positiva.