EDLG
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON XELA ARIAS
Hoxe celebramos unha das conmemoracións máis relevantes: o día das letras galegas. O alumnado do CEIP Manuel Respino estivo traballando moito acerca desta festividade e da autora homenaxeada: Xela Arias. Aqú vos deixamos unha mostra dos traballos realizados:
-Os máis cativos, os nenos e nenas de infantil, elaboraron murais coas súas palabras preferidas en galego. Tamén viron contos e vídeos sobre a autora, e realizaron unidades didácticas.
-E o alumnado de primaria tamén decorou as súas palabras preferidas en galego, e con todas elas creamos este mural na entrada do colexio.
RECURSOS DIDÁCTICOS SEMANA/DÍA DAS LETRAS GALEGAS:
Xela Arias
1962-2003 autoría
en liña
en papel
álbum
obras
crono
|
|||
Xela Arias Castaño foi poeta, tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia. É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome". Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado, "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.
|
BASES PARA A REALIZACIÓN DO DEBUXO PARA A PORTADA DA REVISTA:
CERTAME DE DEBUXO
Consiste en facer unha portada moi orixinal para a revista escolar “A Laverquiña”, que este curso se realizará en formato dixital.
BASES XERAIS:
1.
Palabras escritas integramente en galego.
2.
Non excederán dun folio por unha soa cara.
3.
Poderán ser escritos á man ou a ordenador
4.
Temática: a laverquiña (un paxaro). Poderán incluír tamén elementos relacionados co Camiño de Santiago.
5.
Os debuxos serán entregados aos titores/as de cada grupo.
6.
Prazo: venres 14 de maio.
7.
Os participantes conseguirán un selo na súa compostelá.
8.
O debuxo gañador será a portada da revista escolar e publicarase na páxina web e no blogue do EDLG.
ENTROIDO NO NOSO CENTRO:
A pesares da situación que nos tocou vivir non podiamos de deixar algo tan típico e que nos gusta tanto, como é o Entroido. Por iso, durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, o noso Meco nos "obrigou" a vir vestidos cada día cun atuendo diferente: con algo na cabeza, algo do revés, un zapato de cada cor, un mandil ou delantal... e o venres, disfraz libre!
Aquí podemos ver algunas fotos e intentaremos compartir máis:
CONSIGNAS DO ENTROIDO:
Un ano máis celebraremos o Entroido con consignas diferentes cada día.
Polo tanto, estade moi atentos cada día para saber o que traer ao día seguinte:
COMEZAMOS....
O LUNS:
O MARTES:
O MÉRCORES:
O XOVES
O VENRES
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »