EDLG
Visita do escritor XABIER DOMÍNGUEZ:
O pasado xoves 2 de maio visitou o noso centro o escritor, mestre e editor Xabier Domínguez, autor do libro que leron o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que leva por título Maxia de pedra.
Fixo unha presentación da súa vida e obra, centrándose de como escribiron entre el e a súa parella, Alba de Evan, este libro e outros como a colección Naturizo.
Aquí podemos ver algúns datos da súa vida e obra picando na seguinte imaxe:
Día de Rosalía
Para conmemorar o Dïa de Rosalía, contamos coa agradable presenza de Luís Vallecillo que nos regalou un concerto no que as nenas e nenos aprenderon sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.
Desfile de entroido 2024
O pasado venres fixemos o desfile de entroido no centro debido as condicións metereolóxicas. Aquí podedes ver un resumo da festa que fixemos.
Nós tamén creamos!
O Proxecto "Nós tamén creamos!" tratase dun programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo que terá como produto final unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado.
Cos coñecementos adquiridos polo profesorado durante un obradoiro de formación nos meses de novembro, decembro e xaneiro, traballaranse co alumnado as diferentes fases da creación dunha curtametraxe de animación coa técnica stop motion: guión gráfico, personaxes, luz, efectos especiais, movemento, música e montaxe.
Aquí vos presentamos a nosa primeira fase do proxecto coa elección do album ilustrado e o diseño do guión gáfico polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »