Celebración Samaín

Recordade vir disfrazados ao cole! Pero evitando complementos e máscaras.

 

Formación en Primeiros Auxilios

Este martes 17 tivo lugar no centro unha formación sobre primeiros auxilios e actuación en emerxencias escolares para profesorado e persoal colaborador do comedor escolar.

 

CONTACONTOS: DONAS DE SÍ

Quique Mauricio, xunto a Tania Solla, interpretaron o o contacontos ilustrado do programa Donas de Si da Secretaría Xeral da Igualdade, achegando os nomes das grandes mulleres da historia: Ángeles Alvariño, Maruja Mallo, Ernestina Otero, María Victoria Moreno, Ángela Ruiz Robles, e Rosalía de Castro.

 

 

Novo curso 23-24

En marcha un novo e ilusionante curso no CEIP Manuel Respino, na Rúa

Prema na imaxe para saber mais da notcia

AbalarMóbil para as familias: formulario de consultas e incidencias

Se ten algunha consulta ou incidencia relacionada coa aplicación abalarMóbil, cumprimente o formulario premendo na seguinte imaxe:

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. ANPA 23-24

Neste novo curso que comeza, poñémonos en contacto con vos para ofertar as seguintes actividades extraescolares para o curso 2023- 2024:

* MANUALIDADES: Impartirase os luns de 16:00 a 17:00, o prezo 20€/mes. Todo o material necesario para o curso vai incluído. Mínimo 12 alumn@s e máximo 20 alumn@s.

* INGLÉS: Impartirase os martes de 15:30 a 16:30, o prezo 50 €/mes. Impartido polos docentes de LevelUp Learning Adacemy. Nen@s de primaria. Número mínimo 10 alumn@s.

* XADREZ: O Club Xadrez Valdeorras impartirá clases os martes de 17:00 a 18:00, pero as clases impartirase no Barco, no edificio da biblioteca pública, na rúa Academia Dequit, prezo 18 €/mes Mínimo 8 alumn@s.

* ROBÓTICA ESCOLAR: Impartirase os mércores, a hora ainda está por fixar, o prezo 50 €/mes. Nen@s de primaria. Todo o material necesario para o desenrolo do curso incluído. Número mínimo 12 alumn@s. * PINTURA: Impartirase os mércores de 16:00 a 17:00, o prezo 20 €/mes. Todo o material necesario para o curso vai incluído. Mínimo 12 alumn@s e máximo 20 alumn@s.

* CLUB DE LECTURA CREATIVA: Traballarase a lectura, debuxo, collage, fotografía, creación audiovisual, creación de maquetas, desenrolo de personaxes creación de libros e/ou albumes ilustrados. Impartirase os xoves, de 15:30 a 16:30. Prezo 25 €/mes. Nenos de entre 5 e 12 anos. Número mínimo 3 alumnos.

* INTELIXENCIA ESPACIAL: Tratase de traballar a visión espacial, e orientación; fomentar a creatividade, e o traballo en equipo; fomentar a linguaxe espacial e comprender o modo en que se moven e transforman as formas; todo isto mediante diferentes actividades se precisades máis información solicitádea no correo ou whatsapp. Impartirase os venres d 15:30 a 16:30. Mínimo 15 alumnos, prezo 35 €/mes.

* NATACIÓN ESCOLAR: Será nas tardes dos venres na Piscina Municipal de O Barco, e en horario 17:45 a 18:30, según nivel. Prezo do trimestre 35,23 €, para non aboados á piscina. NOTA: Para poder inscribirse nesta actividade é obrigatorio ser socio do ANPA. A inscrición e matrícula farase directamente nas instalacións da piscina municipal de O Barco.

* ATLETISMO: O Club Atletismo Rúa ten actividade os martes, mércores e xoves de 17:30 a 19:00. Cota 50€, para todo o curso. Contacto directo con eles nos teléfonos 606 66 07 47 e 619 14 38 81.

Para poder realizar estas actividades (excepto as dos clubs) hai dúas opcións:

* SOCI@S: Facerse socios do ANPA, aboando a cota anual de 15 €/por familia. ES82 2080 0411 3130 0004 5488 indicando nome alunmo.

* NO SOCI@S: O prezo de cada actividade incrementarase en 3 € más o mes cada actividade. En todas as actividades, si se supera o número máximo de inscrit@s, buscarase a posibilidade de facer outro grupo, nun horario diferente.

Necesitamos que se devolva este cupón de inscrición para ver de completar los grupos antes do mércores 27 de septembro. Pódese devolver a través de correo electrónico anpamanuelrespino@gmail.com, ou por foto de Whatsapp ó 607342231.

As actividades comenzan en Outubro

Pódese descargar o iMpreso de inScipción no seguinte enlace:

 IMPRESO DE INSCRIPCIÓN

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer