CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS PARA O DESFILE DE ENTROIDO

Estimadas familias,

Dirixímonos a vostedes para informarlles sobre as opcións que plantexamos para levar a cabo o desfile de entroido, considerando as condicións climatolóxicas que poden afectar a súa realización.

Dadas as variacións climáticas e as posibles inclemencias do tempo, elaboramos un plan alternativo para garantir a seguridade e o goce de todos os participantes no desfile.

A continuación, presentámoslles as opcións dispoñibles:

- Desfile ao aire libre (opción principal): no caso de que as condicións climáticas sexan favorables e non representen un risco para a saúde e seguridade do alumnado, o desfile levarase a cabo polas rúas da vila.

Desfile no interior do centro: si as condicións climáticas son desfavorables e representan un risco para a saúde dos participantes, preparamos un plan alternativo para realizar o desfile no interior das nosas instalacións. Habilitarase un percorrido para que o alumnado desfile no patio cuberto así como unha zona delimitada para o público. 

Queremos lembrarlles que o desfile de entroido é unha actividade organizada por e para o alumnado. Neste sentido, é fundamental que as familias nos axuden a manter un ambiente propicio para que os nenos e nenas poidan gozar plenamente da experiencia.

Nós tamén creamos!

O Proxecto "Nós tamén creamos!" tratase dun programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo que terá como produto final unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado.

Cos coñecementos adquiridos polo profesorado durante un obradoiro de formación nos meses de novembro, decembro e xaneiro, traballaranse co alumnado as diferentes fases da creación dunha curtametraxe de animación coa técnica stop motion: guión gráfico, personaxes, luz, efectos especiais, movemento, música e montaxe.

Aquí vos presentamos a nosa primeira fase do proxecto coa elección do album ilustrado e o diseño do guión gáfico polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:

 

6 DE FEBREIRO: DÍA DA INTERNET SEGURA

  O 6 de febreiro de 2024 celébrase en todo o mundo o Día da internet Segura.

O Día da internet Segura ou Safer Internet Day (SID) é un evento internacional organizado polas redes Insafe/INHOPE de Centros de Seguridade na internet en Europa, co apoio da Comisión Europea. Esta iniciativa realízase cada febreiro para promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre nenos, nenas, mozos e mozas. Así, millóns de persoas únense en todo o mundo para inspirar cambios positivos en liña, crear conciencia sobre os problemas de seguridade e participar en eventos e actividades. Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), e como cada ano, únense á iniciativa internacional e celebran o #DíaDeInternetSegura con actividades para fomentar, entre nenos, novos e as súas contornas máis próximas, un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, promocionando as súas competencias nesta materia e axudándolles a ser respectuosos, críticos e creativos, en liña cos principios dixitais europeos.

Esta actividade levouse a cabo en dous obradoiros: un con alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria; e o outro, con alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

 

PROXECTO "MOSQUITO ALERT"

O alumnado do Club de Ciencia participará no proxecto Mosquito Alert promovido polo Ministerio de Ciencia e Innovación  e a FECYT innovación, co que investigarán e controlarán mosquitos transmisores de enfermidades como o mosquito tigre e o mosquito da febre amarela, vectores de Zika, Dengue e Chikungunya.

Mais info sobre oproxecto en: https://www.mosquitoalert.com/

RECOMENDÁMOSCHE

Dende o Concello de A Rúa recomendanos dúas actividades culturais que poden ser do voso interese. Atoparedes mais información no seguinte enlace: https://arua.es/es/home-espanol/

   

Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da Paz. Límos un pequeno manifesto e fixéronse varias representacións para todo o centro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer