DÍA DOS OCÉANOS- CIDADE CIENCIA
Enviado por deli o Ven, 2023-06-09 12:29Onte 8 de xuño celebrouse o Día Mundial dos Océanos, e nós, como persoas amantes do mar e da súa biodiversidade, queremos celebralo.
Programamos diversas actividades para tomar conciencia da súa importancia e como podemos botar unha man para coidalo e preservalo.
Hoxe , entre outras actividades, tiñamos pensado ir a praia da Basteira para limpala, facer cribado de microplásticos e facer uns obradoiros sobre
a vexetación das dunas por parte Miguel Hevia, un veciño de Cariño, que aceptou a nosa proposta. Isto non puido ser debido a o tempo que estamos a ter.
Deixámolo para a semana que vén.
Hoxe tivemos dúas videoconferencias ofrecidas por Cidade Ciencia que, como outras moitas veces, foi o Concelleiro de Cultura Jonathan Miranda
quen nos xestionou esta actividade. Polo seu contido estiveron destinadas aos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e foi Eva velasco a encargada de expoñelas.
Eva é unha doutora do Instituto Español de Oceanografía, unha apaixoada do mar que nos acercou aos nosos mares máis próximos que esta a buscar, xunto
co seu equipo que a pesca sexa unha actividade sostible.
Eva, estamos contigo: “Entre todos/as podemos conseguir preservar a biodiversidade dos nosos océanos” e “Para coidar hai que coñecer”.
Grazas Cidade Ciencia, Grazas Eva e Grazas Jonathan por facilitarnos esta actividade. Ata a próxima!!
VISITA DO ALUMNADO DE EI AO INSTITUTO
Enviado por deli o Mér, 2023-05-31 17:39
NOVOS NOMES PARA AS NOSAS AULAS
Enviado por deli o Mér, 2023-05-31 17:37Aquí vos deixamos o resultado dos traballos realizados polas distintas titorías, no que traballaron sobre diferentes autores/as. Agora as aulas do noso cole teñen un nome dun escritor/a homenaxeado no Días das Letras Galegas. Cada nivel trabollou o autor/a elixido/a.
|
AXUDAS FONDOLIBROS 2023-2024
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2023-05-23 09:16Prazo para a presentación de solicitudes: 22/05/2023 ao 21/06/2023.
A solicitude farase a través do modeo que se recollerá na conserxería ou secretaría do centro ou neste enlace:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://wwwedu.xunta.es/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento ED330B (usando chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión).
Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.
Axuda para libros:
- 0 alumnado de 1° e 2° de Educación Primaria terá dereito á adquisición de vales para a compra de libros. 0 importe será o seguinte:
160 € para as rendas per cápita superiores a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €
240 € para as rendas igual ou inferior a 6.000 €.
- 0 alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% terá dereito a vales para a compra de libros por importe de 300 € con independencia da renda.
- 0 alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.
- 0 alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria terá dereito a axuda do fondo solidario de libros do propio centro. Teñen preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou > 65 (con idependencia da renda obterán 6 libros). 0 resto de alumnado irá por orde inversa (de menor a maior importe) á renda per cápita da unidade familiar. Renda igual ou inferior a 6.000 € (6 libros), renda entre 6.000 e 10.000 e (4 libros).
- 0 alumnado de Necesidades especifícas de apoio educativo (matriculado en 3°, 4°, 5° e 6º de Educación Primaria) terá dereito a vales para a compra de libros por importe de:
160 € (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 €)
240 € (renda igual ou inferior a 6.000€)
Axuda para material escolar:
Terá dereito o alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. Os importes serán os seguintes:
Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€: | 60 € |
Renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€: | 75 € |
Alumnado de educación especial, tutelado pola Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda: |
75 € |
Cálculo da Renda Familiar per cápita:
- A referencia será o exercicio fiscal de 2021 (renda presentada no ano 2022).
- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas fisicas. 0 importe é o resultado de sumar as celdas número 435 (base impoñible xeral) + 460 (base impoñible do aforro) e dividir polo número de membros da unidade familiar.
- Os membros da unidade familiar que teñan discapacidade igual ou superior ao 33% ou percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas computarán por 2 no cálculo da unidade familiar.
- Nos casos de violencia de xenero non se teran en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per capita da unidade familiar.
Cómputo da unidade familiar: forman parte da unidade familiar a 31 de decembro de 2021 (salvo violencia de xénero ou separación posterior con sentenza e custodia a un proxenitor) os seguintes:
- Os pais non separados nin divorciados, ou no seu caso titor ou titores do alumnado
- Os/as fillos/as menores de idade (salvo os emancipados)
- Os/as fillos/as maiores de idade pero discapacitados ou incapacitados xudicialmente
- Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
- Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unidade familiar cos fillos que teñan en común
- A persoa (pai ou nai) que teña outra parella (e conviva con ela) formará unidade familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a (salvo custodia compartida)
- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar será a constituída polo pai, nai e descendentes (segundo os apartados anteriores)
Documentación:
- Solicitude asinada (Anexo I) e Anexo II (comprobación de datos)
- Copia do Iibro de familia ( en casos excepcionais o certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou equivalente do concello)
- De ser o caso e estar nalgún dos seguintes supostos deberán xustificalo coa documentación correspondente :
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
- Certificado grao discapacidade por órgano distinto da Xunta de Galicia
- Violencia de xénero, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada e resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela
Quedarán excluídos das axudas aqueles alumgs que non devolvan os libros adquiridos coas axudas no curso 2022/23 (0 prazo é ata o 20 de xuño) e os que superen os límites de renda
0 alumnado de 6° de Ed. Primaria que pasa para o Instituto presentará alí a solicitude (cando o fagan de forma presencial)
NOTA IMPORTANTE: No momento de entrega de vales, éstes só se entregarán aos asinantes da solicitude correspondente.
ESPECTÁCULOS NA CASA DA CULTURA: "A PEQUENA GRAN INVENTORA" E "ILUSIÓNATE"
Enviado por deli o Lun, 2023-05-22 09:41Dúas invitaciónS recentes a espectáculos na Casa da Cultura, invitados/as pola Biblioteca do Concello.
"A Pequena gran Inventora" "Ilusiónate"
XORNADAS DE FÚTBOL
Enviado por deli o Lun, 2023-05-22 09:24O pasado 11 de maio nas clases de EF viñeron ao cole uns representantes do F. C. Cariño para presentar o clube e recalcar que el hai cabida tanto para nenos como para nenas, que se trata dun deporte de equipo e por iso, todos os membros son iguais de importantes no xogo; que facer deporte é unha boa maneira de manterse activos/as e saudables.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »