DEGUSTACIÓN DAS SOBREMESAS DE SAMAÍN
Enviado por deli o Mér, 2023-11-08 18:02Aquí están os noso nenos/as degustando e saboreando as sobremesas para poder decidir.
SOBREMESAS DE SAMAÍN
Enviado por deli o Mér, 2023-11-08 17:59Mil grazas ao alumnado e as súas familias por este derroche de imaxinación e creatividade. encheron o noso patio de sabor e Arte Culinaria. Foi complicadísimo decantarse por algunha, todas as sobremesas eran terrorificamente espectaculares.
A NOSA AULA MULTISENSORIAL
Enviado por deli o Mér, 2023-11-08 17:45Queremos ensinarvos a nosa Aula Multisensorial coa que estamos moi satisfeitos/as. É un espazo dedicado especialmente ao noso alumnado NEE e NEAE, pero do que todos/as nos podemos aproveitar. Son xa dous cursos os que levamos traballando esta aula e, na que por terceiro ano consecutivo, seguiremos afondando en coñecemento e proxeccións para sacarlle o máximo partido en beneficio dos/as nosos/as nenos/as.
GAÑADORES/AS CONCURSO DE SOBREMESAS
Enviado por maria o Mér, 2023-11-01 20:06Debido ao gran número de participantes no "Concurso de sobremesas", decidimos outorgar un premio a cada clase en lugar dos dous previstos nun principio.
Moitas grazas a todos e todas:))
SAMAÍN 2023
Enviado por maria o Mar, 2023-10-24 20:10Preme aquí se queres imprimir a etiqueta para identificar a túa sobremesa. Tamén lla podes pedir ao teu titor/a :)
"LEO LEIÑO- MAXIA TOLA E LECTORA"
Enviado por deli o Ven, 2023-10-20 17:22
Hoxe tivemos maxia tola e lectora co título de "Leo Leiño".Un espectáculo que nos ofreceu a Biblioteca municipal e, que debido ao mal tempo, démoslle a benvida no noso salón Manuel Murguía. O alumnado e o profesorado participou e intaraccionou coas directoras do espectáculo. Foi tempo moi divertido, onde a lectura e o hábito lectorforon os protagonistas. Esta é a primeira actividade para celebrar o Día das Bibliotecas /24 de outubro). Seguiremos a semana que vén.
Feliz finde a todos/as
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »