Día dos Océanos
Enviado por maria o Lun, 2024-06-10 12:11Así de fermosas quedaron as pulseiras nas que escribimos as palabras apadriñadas e que lucimos na saída á praia para celebrar o Día dos Océanos :))
CONVIVENCIA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL COS MAIORES DE LANDOI
Enviado por Mariaexposito o Mér, 2024-06-05 18:08Hoxe levamos a cabo esta actividade tan tenra e fermosa. Os maiores de Landoi viñeron visitarnos ao cole, acudimos con eles/as á biblioteca, e ali estivemos un bo anaco: cantáronnos unha canción e nos a eles/as, léronnos un conto, contáronnos cousas de cando ian ao colexio...En definitiva foi un intercambio interxeneracional moi bonito; non sabemos quen o pasaría mellor...os máis pequenos ou os máis maiores? Por suposto, agradecemos enormemente de novo, esta visita. Desexamos que sexa a primeira de moitas.
ENCONTRO COMPAÑÍAS LOVA DE GALICIA
Enviado por Mariaexposito o Sáb, 2024-06-01 09:32Aquí vos deixamos unha recopilación do ben que o pasaron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria, no Encontro de Compañías de LÓVA de Galicia. De seguro foi unha experiencia fantástica e voltaron cheos de ideas e coñecementos, e do máis importante, moitísima ilusión co seu proxecto. Ide activando a conta atrás porque non queda nadiña para que Soletes (así se fan chamar) estreen a súa obra e de seguro nos deixarán coa boca aberta.
https://www.facebook.com/photo?fbid=438552545756594&set=pcb.438554052423110
https://www.facebook.com/100088055559789/videos/829738559050284
FONDOLIBROS 2024
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2024-05-21 09:17Prazo para a presentación de solicitudes: 21/05/2024 ao 21/06/2024.
A solicitude farase a través do modeo que se recollerá na conserxería ou secretaría do centro ou neste enlace:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "FONDOLIBROS" (https://wwwedu.xunta.gal/fondolibros) ou na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento ED330B (usando chave 365, certificado dixital ou clave e usuario de educaión).
Opcionalmente pódense presentar na secretaría do centro.
Axuda para libros:
- 0 alumnado de 1° e 2° de Educación Primaria terá dereito á adquisición de vales para a compra de libros. 0 importe será o seguinte:
160 € para as rendas per cápita superiores a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €
240 € para as rendas igual ou inferior a 6.000 €.
- 0 alumnado de Educación Especial ou con discapacidade igual ou superior ao 65% terá dereito a vales para a compra de libros por importe de 300 € con independencia da renda.
- 0 alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.
- 0 alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria terá dereito a axuda do fondo solidario de libros do propio centro. Teñen preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou > 65 (con idependencia da renda obterán 6 libros). 0 resto de alumnado irá por orde inversa (de menor a maior importe) á renda per cápita da unidade familiar. Renda igual ou inferior a 6.000 € (6 libros), renda entre 6.000 e 10.000 e (4 libros).
- 0 alumnado de Necesidades especifícas de apoio educativo (matriculado en 3°, 4°, 5° e 6º de Educación Primaria) terá dereito a vales para a compra de libros por importe de:
160 € (renda per cápita superior a 6.000 e igual ou inferior a 10.000 €)
240 € (renda igual ou inferior a 6.000€)
Axuda para material escolar:
Terá dereito o alumnado matriculado en educación primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €. Os importes serán os seguintes:
Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€: | 60 € |
Renda per cápita é igual ou inferior a 6.000€: | 75 € |
Alumnado de educación especial, tutelado pola Xunta ou con discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda: |
75 € |
Cálculo da Renda Familiar per cápita:
- A referencia será o exercicio fiscal de 2022 (renda presentada no ano 2023).
- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas fisicas. Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022 o importe é o resultado de sumar as celdas número 435 (base impoñible xeral) + 460 (base impoñible do aforro) e dividir polo número de membros da unidade familiar.
- Os membros da unidade familiar que teñan discapacidade igual ou superior ao 33% ou percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas computarán por 2 no cálculo da unidade familiar.
- Nos casos de violencia de xenero non se teran en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per capita da unidade familiar.
Cómputo da unidade familiar: forman parte da unidade familiar a 31 de decembro de 2022 (salvo violencia de xénero ou separación posterior con sentenza e custodia a un proxenitor) os seguintes:
- Os pais non separados nin divorciados, ou no seu caso titor ou titores do alumnado
- Os/as fillos/as menores de idade (salvo os emancipados)
- Os/as fillos/as maiores de idade pero discapacitados ou incapacitados xudicialmente
- Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar
- Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unidade familiar cos fillos que teñan en común
- A persoa (pai ou nai) que teña outra parella (e conviva con ela) formará unidade familiar coa persoa proxenitora do/a alumno/a (salvo custodia compartida)
- Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar será a constituída polo pai, nai e descendentes (segundo os apartados anteriores)
Documentación:
- Solicitude asinada (Anexo I) e Anexo II (comprobación de datos)
- Copia do Iibro de familia ( en casos excepcionais o certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou equivalente do concello)
- De ser o caso e estar nalgún dos seguintes supostos deberán xustificalo coa documentación correspondente :
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
- Certificado grao discapacidade por órgano distinto da Xunta de Galicia
- Violencia de xénero, resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada e resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela
Quedarán excluídos das axudas aqueles alumgs que non devolvan os libros adquiridos coas axudas no curso 2023/24 (0 prazo é ata o 21 de xuño) e os que superen os límites de renda
0 alumnado de 6° de Ed. Primaria que pasa para o Instituto presentará alí a solicitude (cando o fagan de forma presencial)
NOTA IMPORTANTE: No momento de entrega de vales, éstes só se entregarán aos asinantes da solicitude correspondente.
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024
Enviado por maria o Ven, 2024-05-17 23:13- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »