Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

OBRADOIRO DE MAQUILLAXE TERRORÍFICA -2ª PARTE

28/10/2024 19:44
Europe/Madrid

24 DE OUTUBRO- DÍA DAS BIBLIOTECAS XORNADA DE PORTAS ABERTAS

28/10/2024 19:38
Europe/Madrid

Señoras e señores, collan o seu libro favorito, póñanse cómodos/as e que comece a diversión! Este curso Luscofusco- A casiña das letras abre as súas portas por todo o alto! Dende o equipo de biblioteca decidimos realizar unhas xornadas de portas abertas, para que o alumnado vexa que a biblioteca é un lugar dinámico, polivalente, atractivo...así realizamos dous obradoiros: un de maquillaxe terrorífica dirixido ao alumnado de Educación Primaria e outro de robótica para os máis pequenos/as do cole e o primeiro nivel de Educación Primaria. Atentos/as as seguintes entradas para ver o resultado Guiño

 

SOMBREIROS TERRORÍFICOS

23/10/2024 17:36
Europe/Madrid

DISFRACES SAMAÍN

23/10/2024 17:34
Europe/Madrid

RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO MARIOLA SOLIDARIA

24/09/2024 12:50
Europe/Madrid

Outro ano máis imos colaborar con  Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2024 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

                                                                                          

 

 

 

Podedes deixar as bolsas coa roupa e calzado no salón Manuel Murguía (salón de Actos do cole) desde o xoves 26 de setembro ata o 2 de outubro, xa que o día 3 recollen cedo, xa non se poderán deixar máis bolsas.

Moitas grazas.

 

 

 

 

 

 

CONTACONTOS CASA DA CULTURA

21/09/2024 11:50
Europe/Madrid

Distribuir contido