Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

VIAXE a ROCK SPORT E CHAVÍN - 3º E 4º DE EP

22/05/2023 10:12
Europe/Madrid

A aventura árbores chegou o pasado xoves 25 para o alumnado de 3º e 4º de EP, que pasou unha xornada divertida no Rock Sport de Viveiro, no monte de San Roque. Tamén se achegron a Chavín a ver os enormes e famoso eucaliptos.

Prema aquí para entrar na galería

                                                                                                          

VIAE A ROCK SPORT E VISITA CULTURAL POR VIVEIRO

22/05/2023 10:02
Europe/Madrid

 O Martes 26 de maio o alumnado de 5º e 6º de EP viaxou a Viveiro e ao Monte de San Roque, onde esta situado Rock Sport . Aquí pasaron unha xornada deaventura na árbores e despois fixeron unha visita cultural por Viveiro. Esta excursión foi progamada polo profesor de Relixión, mais unironse tamén os /as alumnos/as de Valores e os/as de Proxecto Competencial.                                                                                            

                                                                                                                   

VIAXEA MARCELLE- 1º E 2º DE EP

22/05/2023 09:51
Europe/Madrid

O pasado 15 de maio o alumnado de 1º e 2º de EP foron de excursión ao Parque natural de Marcelle, na provincia de Lugo. Alí pasaron un día moi especial tendo moi reto animais salvaxes aos que sempre ven nos libros ou a través das pantallas. Esta vez tocou gozar deles en vivo e en directo.

                                                                                                          

ADMISIÓN DO ALUMNADO. Publicación da lista DEFINITIVA de admitidos no proceso de Admisión do alumnado para o curso 2023-2024.

16/05/2023 16:15
Europe/Madrid

Atópase exposta para consulta no taboleiro do recibidor do centro a lista definitivade admitidos no proceso de Admisión do Alumnado para o curso 2023-2024.

Adiantamos que todos os alumnos que presentaron solicitudes en prazo foron admitidos.

Esta lista non inclúe as solicitudes fóra de prazo, que aínda están pendentes da resolución pola Xefatura Provincial.

SEMANA DO LIBRO 2023

16/05/2023 10:52
Europe/Madrid

Este ano o noso cole tomou como actividade principal da Semana do libro "A Ruta dos Contos, Queres que che conte un conto?

sacamos os libros das estanterias para lelos, compartilos  e saborealos en diferentes lugares do colexio e do pobo. Foi unha gran experiencia.

OBRADOIROS DE ROBÓTICA

16/05/2023 10:49
Europe/Madrid

Distribuir contido