ENTREGA PREMIO RIFAS - CESTA CON PRODUTOS DA PUREZA
Enviado por deli o Lun, 2023-03-20 13:32Hoxe dous alumnos de 6º de EP, Manuel e Pablo, fixeron entrega dunha cesta con produtos da Pureza valorada en 100 euros. O agraciado foi Quique, un veciño Cariño, a quen lle damos a noraboa e a quen lle agradecemos o ter colaborado con nós.
Grazas tamén ao resto das persoas que compraron a nosas rifas.
NÚMERO PREMIADO RIFAS SORTEO CESTA
Enviado por deli o Lun, 2023-03-13 09:35DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO DE 2023
Enviado por deli o Sáb, 2023-03-11 20:33O pasado 23 de febreiro celebramos outro ano máis o día de Rosalía na nosa biblioteca. Co lema "CUMPRIUSEAXUSTIZA" o alumnado traballou a poesía de Rosalía e elexiu versos e palabras onde se ve reflictido a temática do lema deste ano. Escribiron sobre lazos de cores que posteriormente foron colgados dunha árbores , para así encher o aire coas súas palabras. Grazas Rosalía por deixarnos un legado tan importante.
ADMISIÓN ALUMNADO - Reserva de praza para o CEIP Manuel Fraga Iribarne para alumnado de novo ingreso.
Enviado por Jesusorizales o Mér, 2023-03-01 10:09O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) para todo o alumnado de novo ingreso do curso 2023/24
- Alumnado de 4º educación infantil (3 anos): precisa entregar a solicitude (ED550B) e documento acreditativo da idade do/a alumno/a.
- Alumnado de outros cursos procedente doutro centro: (ED550B), documento acreditativo da idade e certificado de matrícula do/a alumno/a.
A solicitude pódese presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación "admisionalumnado" para o que é preciso ter a chave 365 ou certificado dixital.
O modelo pódese descargar nas ligazóns a continuación ou recollela no centro (conserxería ou secretaría).
ADMISIÓN DO ALUMNADO - Reserva de praza no IES Cabo Ortegal
Enviado por Jesusorizales o Mar, 2023-02-28 10:21Comunícase que, unha vez finalizado o prazo para solicitar a reserva de praza para o vindeiro curso académico 2023 - 2024, e despois de validar e asignar as prazas de todas as solicitudes presentadas no noso centro, todo o alumnado que presentou a súa solicitude dentro do prazo establecido (23 solicitudes en total) ten praza para cursar o 1º curso da ESO no IES Cabo Ortegal.
CAMPAÑA SOLIDARIA MARIOLA - RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO ATA O 9 DE MARZO
Enviado por deli o Xov, 2023-02-23 10:21- A partir do próximo luns podedes deixar no salón de actos do cole as bolsas con roupa e calzado usados para Mariola Solidaria( www.csmariola.com), unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »