Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

CAMPAÑA SOLIDARIA MARIOLA - RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO ATA O 9 DE MARZO

23/02/2023 10:18
Europe/Madrid
  1. A partir do próximo luns podedes deixar no salón de actos do cole  as bolsas con roupa e calzado usados para Mariola Solidaria( www.csmariola.com), unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2023 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar  é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.