Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Listaxe definitiva de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto 2021-2022

09/07/2021 15:57
Europe/Madrid

Xa está publicada no taboleiro interior do colexio a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas para recibir libros de texto do fondo solidario (3º e 4º de EP).

Nas listaxes aparece o nome da alumna ou alumno e o número de libros que recibe, esta información non se pode expoñer en Internet.

Neste documento PDF pode ver cáles son os libros asignados en préstamo a cada alumno/a segundo o número deles que lle corresponde:

NOTA SOBRE OS LIBROS DE TEXTO

 

Listaxe de vales para libros e material. Listaxe de Fondo Solidario de Libros de Texto

06/07/2021 09:30
Europe/Madrid

Xa está exposta no taboleiro interior do colexio a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas de vales para adquirir libros de texto e material escolar.

Lembramos unha vez máis que este ano non se pode facer exposición pública dos resultados.

As persoas excluídas recibirán unha notificación do colexio para informar da situación. En calquera caso pódese chamar ao colexio para concertar unha cita para a revisión da listaxe, a presentación de reclamacións, ou a recollida dos vales.

Teléfono: 881 880 434

email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal

 

 

REMATAMOS O CURSO CUNHA GYMKANA

22/06/2021 23:48
Europe/Madrid

Para celebrar o remate deste curso tan complicado desfrutamos nos nosos patios dunha gymkana conxunta de todo o colexio. Esta actividade resultou todo un éxito entre o alumnado, desexoso de pasar un día con todos os compañeiros e compañeiras, que por mor da Covid non se puido facer en todo o curso. A pesares de estar todos e todas no patio seguimos a cumprir o protocolo e non se mesturaron as clases durante os xogos. O tempo deunos unha tregua e conseguimos levar a cabo a actividade tan necesitada para os rapaces e rapazas que pasaron un curso con moitas restriccións.

 

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2021-2022

22/06/2021 11:02
Europe/Madrid

O alumnado admitido no proceso de admisión para o curso 2021-2022 deberán formalizar a matrícula presentando o impreso correspondente na secretaría do centro xunto con dúas fotografías tamaño carnet e solicitando cita previa.

 

Prazo: 20 de xuño-30 de xuño

Teléfono cita previa: 881 880 434

IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

 

 

GAÑADORES DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CARIÑO E O MAR"

17/06/2021 14:12
Europe/Madrid

I PREMIO DA CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL: Francisco Rodríguez Pena, de 5º EI, coa súa obra "Mi barquito en el Peiral"

 

I PREMIO DA CATEGORÍA DE 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Manuel Fernández Martínez, de 2ºB de EP, coa súa obra "Arco da vella no mar de Cariño"

 

I PREMIO DA CATEGORÍA DE 4º, 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Zeltia Quiza Cornide, de 5ºB de EP, coa súa obra "Tesouros do mar"

 

O Equipo TIC agradécevos aos participantes as vosas aportacións e davos a Noraboa aos tres gañadores!!

Libros de texto e material complementario para o curso 2021-2022

14/06/2021 09:59
Europe/Madrid

 

Relación de libros de texto e material complementario para o vindeiro curso.

IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º)

O vindeiro curso non se utilizará o caderno de música do alumnado. Xa non aparece na listaxe.


Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono  881 880 434 , email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal


SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR ( VALES ).
Publicación de listaxes: 2 de xullo de 2021
A partires do día 2 de xullo e ata o 20 de xullo poderán recoller os vales no colexio , en horario de 11:00 a 13:30 . Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.
As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.

PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 2 de xullo de 2021
As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2021 (inclusive).
Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2021.
Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.

MATERIAL ESCOLAR.
EDUCACIÓN INFANTIL

O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar nada sen falar previamente coa persoa titora.

PRIMEIRO E SEGUNDO DE E. PRIMARIA.
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora.

 

Listaxe de libros de texto e cadernos do alumnado en PDF.

 

 

Distribuir contido