Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

18/11/2021 09:38
Europe/Madrid

 

Saíu a Orde de 28 de outubro de 2021  que regula o procedemento e distribución de máscaras entre o alumnado.

Segundo a orde:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non é beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familila cunha renda percápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en Educación Especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

En caso de presentar solicitude, está se fará de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a.

O prazo de entrega de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

ORDE E SOLICITUDE (PDF)

 

Publicacións:

Listaxe provisional: 1 de decembro de 2021. Reclamacións, 2 días hábiles despois da publicación.

Listaxe definitiva: 10 de decembro de 2021.

SAMAÍN 2021

01/11/2021 13:22
Europe/Madrid

Xa temos os gañadores e gañadoras do Concurso de Cabazas!!!

  

 

 

Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa creativa participación :)

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

23/10/2021 18:13
Europe/Madrid

 

Feliz día das Bibliotecas!!

 

PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA O XOVES, 9 DE SETEMBRO

07/09/2021
Europe/Madrid

Benvidos/as ao novo curso escolar que dará comezo o próximo día 9 de setembro.


A continuación tedes un resumo do “programa de acollida” para este día:
PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA O DÍA 9 DE SETEMBRO.


O primeiro día de clase será o/a titor/a quen reciba ao alumnado áentradado centro acompañado/a dalgún especialista.
Osgrupos irán entrando con 10 minutos de diferenza no tempo se a porta de entrada coincide.
Levaremos a cabo as entradas do seguinte xeito:

 

Orde de entrada:

 

Educación Primaria

 

Educación Infantil

* Pola rampla:

 

9:30h: 6º A e 6º B de EP

9:40h: 5º de EP

* Pola porta de EI

 

10:30h: 6º de EI

10: 45h: 5º de EI

 

O alumnado de 4º de EI segundo o horario do Período de Adaptación.

* Pola Autonomía:

 

9:50h: 4º de EP

10:00h: 3º de EP

 

 

* Pola porta principal:

 

9:50h: 2º de EP

10:00h: 1º de EP

 

 

 

 

 

Orde de saída:

 

Educación Primaria

Educación Infantil

 

14:25h: 1º, 2º, 3º e 4º de EP

 

 

14:30h: 5º, 6º A e 6º B de EP

 

 

14:15h: alumnado de EI

 

 


* O alumnado de Educación Infantil que non sexa usuario do transporte escolar será acompañado e recollido polos seus familiares na porta de entrada a EI,  situada dentro do patio cuberto do colexio.

* O transporte funcionará no seu horario habitual polo que o alumnado ten o seu dereito a utilizalo.
* O alumnado transportado terá preferencia para entrar no centro e estará acompañado por un mestre/a ata que suba a súa aula correspondente.
* O alumnado que non é usuario de transporte entrará polo portalón principal e dirixirase á porta que lle corresponde para acceder ás clases onde será gardado polo profesorado.
* O alumnado non usuario de transporte non poderá acceder ao recinto escolar ata a hora indicada no horario establecido para este día.
* Os familiares do alumnado de E. Primaria, nas entradas e saídas, deberán quedar fóra do recinto escolar salvo algunha xustificación.
* Rógase que este primeiro día non traian o material (libros, cadernos,...) ata que o mestre/a titor/a lles explique o que deben traer e cando.
Un saúdo cordial e feliz curso para todos/as.


O Equipo Directivo

 

 

ESTE DOCUIMENTO EN PDF PARA DESCARGAR OU IMPRIMIR

ISBN dos libros de inglés 1º, 2º e 3º

21/07/2021 16:20
Europe/Madrid

Estes días atopamos un erro nos ISBN dos libros de inglés de 1º, 2º e 3º de Primaria que aparecen na lista de libros de texto.

Os códigos que aparecen son das edicións do ano pasado.  Os códigos actuais son os seguintes:

PRIMEIRO:

 

9788420573595

POPTROPICA ENGLISH 1 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

9788420573588

POPTROPICA ENGLISH 1 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE

 

SEGUNDO:

 

9788420573632

POPTROPICA ENGLISH 2 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

9788420573625

POPTROPICA ENGLISH 2 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

 

TERCEIRO:

 

9788420574059

POPTROPICA ENGLISH ISLANDS 3 ACTIVITY BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE ACTIVITY BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

9788420574042

POPTROPICA ENGLISH ISLANDS 3 PUPIL'S BOOK PRINT & DIGITAL INTERACTIVE PUPIL'S BOOK - ONLINE WORLD ACCESS CODE 

 

Se aínda non se adquiriron os libros é preferible adquirir a edición deste ano (ISBN que se mostran arriba). Aínda así, se xa se adquiriron os libros cos ISBN do ano pasado, tamén son válidos. Non é preciso cambialos.

Lista imprimible en PDF

Distribuir contido