FELICES VACACIÓNS!
Enviado por Anónimo o Lun, 22/06/2020 - 20:48Os mestres e mestras do CEIPP A Magdalena agradecemos ás familias, nenos e nenas do noso colexio a súa constancia e cariño ao longo deste curso tan diferente para todos.
Sodes espectaculares!
Esperámosvos no mes de setembro, a todos e todas con moita forza, ilusión e saúde.
Preparamos un vídeo con cariño para toda a comunidade educativa, esperamos que vos guste.
Fai clic na imaxe para acceder ou búscao na aula virtual.
Bo verán!!
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 20/06/2020 - 10:14Ábrese o prazo para solicitar o servizo de comedor para o curso 2020-2021, dende o 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2020 en horario de 10:00h a 13:30h. Segundo a Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020/2021.
*CIRCULAR INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021.
* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:(Pódese descargar de aquí e presentar na secretaría do centro)
- Anexo I: Solicitude praza comedor
- Modelo de Autodeclaración e especificacións
Aos efectos de facilitar o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, que facilita o cálculo en función da renta neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR MATRÍCULA. 1 a 10 de Xullo.
Enviado por Anónimo o Ven, 19/06/2020 - 09:59Documentación a aportar no plazo de matrícula do 1 ao 10 de xullo (só alumnado novo no centro):
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Ven, 29/05/2020 - 11:12Está publicado no taboeiro do centro a relación de alumnado admitido para o curso 2020-2021.
Todo o alumnado que presentou solicitude foi admitido.
Poden consultarse os listados da seguintes maneira:
- De maneira presencial no centro (taboeiro na entrada do edificio de Dirección).
- De maneira telemática (a partir do día 4/05/2020): a través da aplicación admisionalumnado. Se ben, únicamente as familias tituales dunha Chave 365 ou dun certificado dixital da Fábrica de Moneda e Timbre poderán acceder ao listado completo (porque queda correctamente acreditada a súa identidade e a súa condición de interesados no procedemento), aquelas familias que non dispoñen deles poden acceder igualmente ao estado da súa solicitude.
AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Mér, 20/05/2020 - 16:47FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2020-2021
As solicitudes poderán presentarse das seguintes formas:
- Preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal - Procedemento ED330B ( https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=es )
- No centro, de maneira presencial, recollendo no centro os anexos I e II, ou imprimindoos (podes descargar os documentos aquí) e entregándoos no colexio.
No DOG do 19 de maio de 2020 saiu publicada a Orde do 12 de maio de 2020 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/2021.
1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria (5º e 6º neste caso non solicitan xa que terán E-dixgal).
2. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Destinado ao alumando de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial. Para rendas per cápita do ano 2018 iguales ou inferiores a 10.000€
3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Para rendas per cápita do ao 2018 iguales ou inferiores a 6.000€
NORMAS XERAIS
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de xuño de 2020, inclusive.
A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2020-2021, presentándose preferiblemente por vía electrónica. Poderase cumplimentar das seguintes maneiras:
- Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no propio centro.
- De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace ANEXOS
PODES MIRAR AQUÍ O MANUAL DO USUARIO
NO SEGUINTE ENLACE PODES VER AS INSTRUCCIÓNS
Documentación para a presentación:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a)Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia onde figure o alumno e todos os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membro utilizando, entre outros, algún dos seugintes medios: sentenza xudicial de sepración/divorcio, certificado de convivencia, informe de servicios sociais...)
A instancia única pode presentarse para:
1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA
Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2019-2020.
Teranse en conta ás seguintes datas:
- Ata o 19 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.
- 01 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
- 02 e 03 de xullo. Período de reclamación á adxudicación provisional.
- 06 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
- Primeiros días de clase de setembro. Entrega dos libros asginados do alumnado.
2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS
Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.
- Do 01 ao 06 xullo. Entregarase o Vale de libros aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.
3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
- Do 01 ao 06 de xullo. Entregarase o Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.
A soliciturde deberá estar asinada pola pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da oonvocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos.
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODE PREGUNTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO OU NA WEB DA XUNTA DE GALICIA PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE
LETRAS GALEGAS 2020. CARVALHO CALERO
Enviado por Anónimo o Dom, 17/05/2020 - 10:52Como ben sabedes, o 17 de maio festexamos o día das Letras Galegas. Este ano, en memoria de Ricardo Carvahlo Calero. Deixámosvos aquí o enlace aos materiais creados polo Seminario Galán de Arteixo ( grupo de formación de profesorado que traballa cada ano na creación de materiais para traballar aos homenaxead@s neste día).
Podedes premer en DOCUMENTOS para ver as distintas actividades en papel que propoñen para cada nivel.
Premer en ACTIVIDADES EN LIÑA para ver do meito xeito as distintas actividades online creadas para cada curso.
Ou mesmo no ALBUM DE FOTOS para ver imaxes de Carvahlo Calero.
DOCUMENTO CON MÁIS ACTIVIDADES E RECURSOS SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO: RICARDO CARVALHO CALERO.
Día non lectivo. 18 de maio.
Enviado por Anónimo o Ven, 15/05/2020 - 15:21O LUNS DÍA 18 DE MAIO FOI ELIXIDO NO SEU MOMENTO COMO NON LECTIVO. POR ESTE MOTIVO NON HABERÁ DOCENCIA TELEMÁTICA. O CENTRO ESTARÁ ABERTO DE IGUAL MANEIRA PARA OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO (SÓ ALUMNADO NOVO NO CENTRO), QUE FINALIZA ESE DÍA (LUNS 18).
REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA, DO DÍA 11 AO 18 DE MAIO DE 2020.
Enviado por Anónimo o Mér, 06/05/2020 - 09:50NOVAS MATRÍCULAS (non matriculado antes no centro).
O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10 H A 13:00 HORAS CONCERTANDO UNHA CITA PREVIA A TRAVÉS DOS TELÉFONOS: 881930036 e 881930037 OU CO CORREO ELECTRÓNICO: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Podes cubrir a túa solicitude de admisión a través da web, descargar este impreso e entregalo no centro ou coller copia no centro.
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES
Publicamos a continuación a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.
PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2020/2021
NIVEL EDUCATIVO |
PRAZAS |
ALUMNADO MATRICULADO PARA PRÓXIMO CURSO |
VACANTES PARA 2020-2021 |
4º ED. INFANTIL |
50 |
0 |
50* |
5º ED. INFANTIL |
50 |
48 |
2 |
6º ED. INFANTIL |
50 |
48 |
2 |
1º ED. PRIMARIA |
50 |
49 |
1* |
2º ED. PRIMARIA |
50 |
36 |
14 |
3º ED. PRIMARIA |
50 |
50 |
0 |
4º ED. PRIMARIA |
50 |
46 |
4 |
5º ED. PRIMARIA |
50 |
43 |
7 |
6º ED. PRIMARIA |
50 |
41 |
9 |
* Segundo a normativa vixente, nos niveis de 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria hai que reservar 3 prazas por aula para alumnado de NEAE.
Recordade as normas de seguridade en relación ao COVID 19.
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
COMUNICADO A FAMILIAS
Enviado por Anónimo o Lun, 04/05/2020 - 11:06Publicamos un resumo das últimas instrucións recibidas por parte da Consellería. Fai clic no enlace para descargar ou leer as mesmas. INSTRUCIÓNS.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »