NOVAS INSTRUCIÓNS E INFORMACIÓNS
Enviado por Anónimo o Ven, 13/03/2020 - 16:521. PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
2. OUTRAS INFORMACIÓNS.
Dende o Ceip Plurilingüe A Magdalena e reunido o claustro de docentes, seguindo as directrices da Consellería, e tendo en conta a situación actual con respecto ao COVID-19 non se permitirá o acceso ao centro a partir do luns 16 de marzo. Os distintos docentes comunicaranse coas familias e alumnado a través de distintos medios telemáticos (Abalar, Edixgal, ...) para facilitar na medida do posible actividades XENÉRICAS, sempre VOLUNTARIAS para o alumnado e NON AVALIABLES.
Mantéñanse atentos á información que se poida facilitar a través da páxina web do centro.
MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO:
Enviado por Anónimo o Xov, 12/03/2020 - 20:51Mañá día 13 de marzo a asistencia a clase será voluntaria, todas as faltas serán automáticamente cargadas como xustificadas e non haberá exames.
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
- Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
- Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
Recoméndase estar pendentes da páxina web do centro.
Concurso rematado
Enviado por Anónimo o Dom, 08/03/2020 - 10:41Moitas grazas a toda a comunidade educativa por colaborar con nós neste concurso.
PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21
Enviado por Anónimo o Xov, 13/02/2020 - 22:21NORMATIVA
O proceso de admisión do alumnado para o Curso 2020-2021 ven regulado na seguinte normativa:
Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26 dedecembro de 2012), que regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumando en centros docentes sostidos con fondos públicos.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
RESERVA DE PRAZA PARA CAMBIO DE CENTRO A OUTRO NO QUE ESTÁ ADSCRITO
Preme AQUÍ para ver as INSTRUCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Para cubrir a solicitude deberá seguir algunha destas opcións:
- Cubrir a solicitude informáticamente, neste enlace e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicituce informáticamente e asinala na Sede Electrónica, accedendo coa Chave 365 ou Certificado Dixital, ou seguindo as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no centro.
Calendario do proceso de admisión para o curso 2020/21 |
|
Reserva de praza (para 1º da ESO) |
Do 1 ao 17 de febreiro |
Listaxe asignación prazas centros adscritos |
O 28 de febreiro como data límite |
Publicación de vacantes |
O 1 de marzo |
Presentación de solicitude de admisión no CEIP Plurilingüe A Magdalena |
Do 1 ao 20 de marzo* |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos |
Antes do 25 de abril |
Publicación de listaxes definitivas |
Antes do 15 de maio |
Formalización de matrícula |
Do 20 ao 30 de xuño |
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES
Publicamos a continuación a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.
PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2020/2021
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
* Segundo a normativa vixente, nos niveis de 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria hai que reservar 3 prazas por aula para alumnado de NEAE.
FALAMOS DE CANADÁ
Enviado por Anónimo o Lun, 10/02/2020 - 19:53Dende a volta da mestra de inglés, Mª Angeles Lourés, temos aprendido moitas cousas sobre Canadá.
Aquí temos a presentación que lles ensinou aos nenos/as de 4º, 5º e 6º. Aprenderon sobre as costumes, os animais, os cartos, o sirope de arce,... e moitas cousas máis!
Tamén os mestres e mestras do cole coñeceron máis sobre o sistema educativo canadense. Tivemos unha charla moi útil sobre este país, para nós un pouco descoñecido.
Ademais toda a súa experencia quedou plasmado no seguinte blog:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »