ACCESO A AULA VIRTUAL CON USUARIO E CONTRASINAL

Estimadas familias e alumnado:

Ao longo do luns 27 o profesorado enviará a través de AbalarMobil unha mensaxe co usuario e contrasinal de cada neno/a. A primeira vez que entredes pedirásevos que o modifiquedes co contrasinal que queirades escoller. Esta ferramenta permite un maior seguimento dos alumnos no que poderán cargar os seus traballos que verá o mestre titor. Do mesmo xeito permitirá crear foros ou chats, entre outras. Aquí vos deixamos un titorial.

TITORIAL PARA O ACCESO DO ALUMNADO Á AULA VIRTUAL

Tamén o atoparedes na aula virtual debaixo do arco da vella.

Recordade que a aula virtual está na páxina web do colexio https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/ na esquina superior dereita.

Un saúdo e vémonos na Aula Virtual!

Ánimo rapaces!

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL. FELIZ DÍA DO LIBRO. No enlace podedes visualizar moitos contos. Fai click aquí.

SEMANA SANTA

Estimadas famlias e alumnado:

Rematou a 2ª avaliación e agora toca un período de descanso coincidindo coa Semana Santa, moi necesario neste período que nos toca vivir. As notas de evaluación están disponibles en AbalarMóbil, se non funciona á primeira insistide nuns minutos.

IMPORTANTE: Calquera axuda que precisedes (ou se coñecedes algunha familia do cole que poida necesitala) para acceder aos contidos da web, para imprimir material ou con outras necesidades de calquera tipo podedes comentalas no correo do colexio. Dende dirección estase xestionando cos concellos co fin de facilitar todo o posible a vida dos nosos alumnos nestes complicados momentos para todos.

Con respecto ao terceiro trimestre estaremos pendientes do que decidan o ministerio e a Consellería de Educación. Coidádevos e coidade dos nosos nenos. #QUEDADENACASA Un saúdo e vémonos de volta na Aula virtual o día 14.

RECOMENDACIÓNS SEMANA SANTA.

Equipo directivo.

2 ABRIL. Día Mundial do Autismo

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.

NOTA INFOMATIVA. 2ª AVALIACIÓN CURSO 2019/2020

Estimadas familias: Atendendo ás últimas instrucións da Consellería de Educación, o vindeiro venres 3 de abril publicaranse as notas da 2ª avaliación a través da aplicación abalarMóbil (ver anterior aviso nesta web). Se houbese algún problema coa aplicación e non puidérades acceder ás cualificacións poñédevos en contacto co centro a través do correo ceip.magdalena@edu.xunta.es ou en contacto co titor/a do voso fillo/a e enviaranse as notas por outro medio. Un saúdo e moito ánimo.

abalarMobil

Estimadas familias:

Dende o centro vemos a necesidade de que todos teñades instalado nos dispositivos móbiles a aplicación “AbalarMobil”antes da vindeira semana. Descárgase fácilmente como calquera outra aplicación dende o Play Store ou tenda de Apple. A partir de ahí farase algunha comprobación dende as titorías para saber que funciona correctamente. Se alguén atopa dificultades ou non pode rematar o proceso de instalación e chegar ás pantallas de comunicacións/ distintos apartados que aparecen, pídese que nolo fagades saber a través do correo do colexio ceip.magdalena@edu.xunta.es (especificar datos do alumno, número de teléfono onde se descarga, unidade familiar pai ou nai e o aviso ou erro que aparece de ser o caso) ou chamando á Unidade de Atención a centros (uac) no Tel.: 881 99 77 01 para tentar solucionalo na medida do posible.

Tende en conta que os docentes non temos aplicación e funciona distinto que para as familias, non desesperedes neste tipo de comunicación.

Gracias de antemán e a seguir con ánimo!

Deberíades ver algo así:

             

Achégase máis información da aplicación por se resulta de interese no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

ÁNIMO RAPACES!

O profesorado do colexio e persoal non docente queremos achegarvos os nosos ánimos dende as nosas casas! Sodes moi valentes e estádelo facendo moi ben! Unha grande aperta de todos nós! ;-)

AULA VIRTUAL: PROPOSTAS DIDÁCTICAS

Debido a labores de mantemento da web no foi posible ter a posta a punto ata hoxe. Na esquina superior dereita poderedes acceder aos distintos cursos do alumnado a través de "aula virtual". Facedes click no menú e accededes ao curso correspondente como convidado e poderedes descargar os materiais que se están subindo.

Equipo Docente do CEIP Plurilingüe A Magdalena

Distribuir contido