BENVID@S Á WEB DO NOSO CENTRO
Enviado por Anónimo o Lun, 18/05/2009 - 23:49HORARIOS:
DE 8.00 A 9.40 H: ALMORZOS NO COLE E SERVIZO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO.
DE 9.40 A 14.40 H: SESIÓN LECTIVA ÚNICA DE MAÑÁ.
DE 14.40 A 15.40 H: SERVIZO DE COMEDOR.
DE 15.40 A 16.40 H: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES VOLUNTARIAS.
SAÍDA DO TRANSPORTE ESCOLAR 16.40 H.
En Vila Magdalena creamos o Samaween
Enviado por suso o Lun, 04/11/2024 - 21:45O 30 de outubro celebramos no colexio SAMAWEEN (Samaín e Halloween) con varias actividades dentro e fóra das aulas.
Pola biblioteca do cole, durante a semana o alumnado de 4º, 5º e 6º leron aos nenos e nenas de infantil 1º, 2º e 3º algúns dos contos en galego, castelán e inglés. Tamén cantaron e bailaron todos xuntos. Unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.
Ademais, todo isto cunha ambientación do máis terrorífica grazas á exposición de cabazas que trouxeron os rapaces e rapazas. Canta imaxinación e talento. Noraboa! Grazas a todos por colaborar.
Aquí unha mostra de vídeos e imaxes do noso Samaween.
ANPA Outo Eume - Formulario de alta e Act. Extraescolares
Enviado por suso o Mér, 25/09/2024 - 18:11Abaixo, nesta publicación, pódense descargar os axuntos.
Eu almorzo no cole 2024/25
Enviado por suso o Mér, 11/09/2024 - 17:04Nas seguintes capturas tedes información sobre o programa EU ALMORZO NO COLE.Debaixo das capturas poderedes descargar os documentos a entregar.
Instrucións para o curso 2024/25
Enviado por suso o Dom, 08/09/2024 - 20:18Instrucións para facilitar o fluxo de persoas no recinto:
1. O alumnado que traia material pesado os primeiros días de clase aconsellamos que veña nomeado e embolsado. Os acompañantes dos alumnos transportarán as bolsas a ambas conserxerías. De infantil ata 2º de primaria, na conserxería do edificio administrativo. De 3º a 6º de primaria depositarán o material nomeado na conserxería do Edificio B. Esta instrución será aplicada en caso de que os/as titores/as NON desen explicacións previas a cerca desta circunstancia.
2 Pola mañá débese respectar e facilitar a entrada ao recinto do alumnado que chega en transporte, evitando facer tapóns diante do portal peonil. Da mesma maneira, facilitar a entrada dos vehículos ao aparcamento até as 09:35.
3. Ás 9:35 h. soará un timbre, que sinalará a “apertura de portas” o momento no que se poderá comezar a acceder ao recinto (aqueles que entren ás 9.40). Respectarase este timbre, agás que os mestres de garda dean outras instrucións.
4. Os acompañantes do alumnado de 4º e 5º de infantil con irmáns en 1º/2º poderán entrar no recinto con todos os nenos/as ao mesmo tempo, deixar aos de 1º/2º na porta principal sen deterse moito nesta zona e continuar cara á entrada de infantil diante do ximnasio. Á volta de entregar aos nenos/as de infantil, pregamos non se deteñan tampouco demasiado diante da entrada principal e que se encamiñen á saída, para favorecer a entrada do alumnado de 4º de infantil que se produce a continuación.
5. O alumnado de 4º e 5º de infantil accederá ao recinto unha vez que o de 1º / 2º entre no edificio, é dicir, ás 9.40 h.
6. O alumnado de 1º/2º sen irmáns máis pequenos, entrará só ao recinto. No portal peonil haberá profesorado de garda que os recibirá e encamiñará cara á súa entrada. Os acompañantes destes nenos/as facilitarán a entrada do alumnado de 4º de infantil que se produce a continuación evitando na medida do posible, atascar os portais exteriores.
7. Aviso importante para usuarios de comedor. O horario deste servizo será de 14.40 a 15.30 h. A hora de despois (é dicir, de 15.30 a 16.40 h.) é exclusivamente para usuarios de transporte, actividades extraescolares e familiares que demostren a incompatibilidade horaria para recoller aos seus fillos/as.
Premendo na imaxe poderedes ver/descargar o plano do centro.
Comedor Escolar 2024-25
Enviado por suso o Sáb, 13/07/2024 - 12:41Todo o alumnado que presentou solicitude para acollerse ao servizo de comedor escolar no curso 2024-25 foi ADMITIDO na listaxe definitiva. PARABÉNS e bo proveito!
Período de matrícula para o curso 2024-25
Enviado por suso o Mér, 19/06/2024 - 18:17Abrimos o prazo de matrícula para o curso 2024-25!
Dende o 20 ata o 30 de xuño, poderás inscribirte nos nosos programas educativos a través do seguinte formulario. Non perdas a oportunidade de formar parte da nosa comunidade. Agardámosvos!
Relación de libros de texto e material escolar para o curso 2024-25
Enviado por suso o Mar, 18/06/2024 - 13:31Comedor Escolar 2024-25
Enviado por suso o Mar, 18/06/2024 - 09:35Publicadas as instrucións (PREME AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2024/2025, ábrese o prazo para:
- Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 19 xuño ata 3 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude PREMENDO AQUÍ. Recomendamos encarecidamente ler as instrucións e empregar o aplicativo oficial da Xunta para calcular o importe da taxa que corresponde pagar segundo a renda familiar. Podedes acceder a esta calculadora de taxas PREMENTO AQUÍ. Deixamos tamén algunhas ACLARACIÓNS.
- Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 25 de xuño ata o 1 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 22 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración PREMENTO AQUÍ.
Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:30 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente PREMENDO nas ligazóns de máis arriba.
Recordade revisar que os impresos estean debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.
Previsiblemente, a listaxe provisional de admitidos e de reserva publicarase o día 4 de xullo no edificio administrativo. Posteriormente abrirase un prazo de reclamacións do 5 ao 12 de xuño. O 15 de xullo publicarase a listaxe definitiva.