Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 2024/25
Enviado por suso o Mar, 21/05/2024 - 13:36NORMATIVA:
IMPORTANTE
- Prazo de presentación de solicitudes: de 21 maio a 21 de xuño.
- Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
- Alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
- Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2024/25
- As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
- Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
- A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
- Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familiar.
- Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
Galerflix
Enviado por suso o Mar, 14/05/2024 - 21:58Benvid@s á nosa nova plataforma de lectura en galego. Seguimos na nosa viaxe no tempo e no presente, co gallo das letras galegas, déixovos unhas recomendacións. Adiante pequen@s lectores!!!
Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido - Curso 2024/2025
Enviado por suso o Xov, 04/04/2024 - 15:41Anuncio!
Dende esta semana xa está dispoñible a listaxe de alumnado admitido para o curso escolar 2024 - 2025 no noso centro educativo! Podes consultala no taboleiro de anuncios do edificio administrativo do centro.
Ademais, tamén podes acceder a través do aplicativo de admisionalumnado. Só necesitades o código de solicitude e o DNI da persoa solicitante para verificar o estado de admisión.
Lembramos que calquera consulta adicional pode ser dirixida á nosa oficina administrativa.
Felicitacións aos admitidos e grazas a todos os que participastes no proceso!
Ler por pracer nas vacacións
Enviado por alba.s o Ven, 22/03/2024 - 15:34Entroido 2024
Enviado por alba.s o Lun, 18/03/2024 - 16:31Día de Rosalía de Castro 2024
Enviado por suso o Xov, 29/02/2024 - 12:39O pasado 23 de febreiro conmemoramos o legado poético de Rosalía de Castro cun fermoso paseo polos seus poemas! Os estudantes e o persoal do centro educativo megullámonos na beleza e a emoción dos seus versos, explorando os recunchos adornados con fragmentos das súas obras máis emblemáticas. Foi unha celebración inspiradora da arte e a literatura galega que nos lembrou a importancia da poesía nas nosas vidas. #RosalíaDeCastro #galizacalidade.
Premendo na imaxe poderedes ver esta unha montaxe desta fermosa actividade:
Admisión de alumnado 2024 / 2025
Enviado por suso o Mar, 27/02/2024 - 23:19NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN:
SOLICITUDE
Presentarase unha única solicitude de admisión na administración do centro. Impreso de solicitude: ANEXO II. Pódese descargar aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisionalumnado.
* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
1. Fotocopias do libro de familia completo.
2. Fotocopia do DNI de ambos proxenitores.
3. Certificado de matrícula (en caso de vir de cursar estudos noutro centro educativo). O alumnado de gardaría non ten que presentar ningún certificado.
4. Informe médico.
5. Fotocopia da cartilla de vacinacións.
6. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
7. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.
8. Tres fotografías tamaño carné.
9. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- A solicitude deberá ser asinada polos dous titulares da patria potestade. Será preciso a sinatura de ambos proxenitores no caso de separación ou divorcio (agás que a patria potestade lle fose atribuída a un deles exclusivamente).
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
NECESIDADE DE BAREMACIÓN
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024
Enviado por suso o Mar, 27/02/2024 - 14:25Estás interesado en matricular o teu fillo/a no CEIPP A Magdalena? Convidámosvos a asistir á xornada de portas abertas de luns 4 de marzo en horario de 16:30 a 18:30. Aquí vos esperamos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »