Informacións
Comedor Escolar 2024-25
Enviado por suso o Sáb, 13/07/2024 - 12:41Todo o alumnado que presentou solicitude para acollerse ao servizo de comedor escolar no curso 2024-25 foi ADMITIDO na listaxe definitiva. PARABÉNS e bo proveito!
PAGOS DO SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR
Enviado por suso o Mar, 03/10/2023 - 22:43O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.
LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.
1) PAGAMENTO TELEMÁTICO: PÁXINA WEB DO ESPAZO ABALAR
Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.
Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicación de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en .pdf
Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.
VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR
2) PAGAMENTO TELEMÁTICO: OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA DA CONSELLERÍA DE FACENDA
MANUAL PAGO DE COMEDOR A TRAVÉS DESTE MÉTODO
O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes.
PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.
Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.
3) PAGAMENTO PRESENCIAL NAS ENTIDADES BANCARIAS COLABORADORAS
Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.
Pago telemático do comedor por ABALAR, ATRIGA e pago presencial en entidades bancarias
Enviado por Anónimo o Mar, 10/11/2020 - 14:24PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.
LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.
Pagamento TELEMÁTICO a través da páxina web do espazo ABALAR
Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.
Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.
Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.
VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR
Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda
O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes.
PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.
Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.
O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:
A continuación, a ruta é: inicial taxa Candado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.
Ver imaxes seguintes:
A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:
Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional
Delegación: A Coruña
Servizo: Secretaria
Taxa: 352800-Comedores escolares.
Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.
A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.
Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.
A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.
IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.
Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.
Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante como o que se mostra na imaxe que segue, e envialo ao colexio.
Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras.
Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.
LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21
Enviado por Anónimo o Mar, 08/09/2020 - 07:15Están dispoñibles no centro educativo, no tablón de secretaría, as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no comedor escolar para o próximo curso.
As listaxes poderán sufrir variacións tanto por novas matrículas con dereito como polas medidas de protección e de seguridade impulsadas pola administración educativa.
O 10 de setembro esta previsto que comece o novo curso escolar, xunto co servizo de comedor.
IMPORTANTE: Está aberto o prazo de admisión de colaboradores de comedor durante o curso 2020-21. Pódense apuntar na secretería do centro.
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 20/06/2020 - 10:14Ábrese o prazo para solicitar o servizo de comedor para o curso 2020-2021, dende o 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2020 en horario de 10:00h a 13:30h. Segundo a Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020/2021.
*CIRCULAR INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021.
* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:(Pódese descargar de aquí e presentar na secretaría do centro)
- Anexo I: Solicitude praza comedor
- Modelo de Autodeclaración e especificacións
Aos efectos de facilitar o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, que facilita o cálculo en función da renta neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp
PAGOS COMEDOR MES DE MARZO
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2020 - 22:17Os pais que desexedes podedes pagar o mes de marzo de uso de comedor escolar.
PAGO TELEMÁTICO DO SERVIZO DE COMEDOR
O pago telemático pódese facer:
* Dende un ordenador. Non se pode facer dende o móbil.
*Débese empregar o navegador Internet Explorer.
*Para entrar é necesario ter: DNIelectrónico, certificado dixital.
* O pago telemático deberá realizalo a persoa que está rexistrada como responsable do alumno no servizo de comedor.
A continuación deixamos un documento explicativo e un vídeo de cómo facelo:
Vídeo titorial e guía de uso actualizada para o pago telemático da taxa polo uso do servizo de comedor:
COMEDOR ESCOLAR 2019-20
Enviado por Anónimo o Dom, 15/09/2019 - 10:51ESTÁ ADMITIDO TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA O COMEDOR ESCOLAR NESTE CURSO 2019-20.
COMEDOR ESCOLAR 2019-20
Enviado por Anónimo o Ven, 28/06/2019 - 20:02Documentación para solicitar praza de comedor curso 2019-20.
Enlaces: Solicitude - Documentación necesaria- Autodeclaración 1 - Autodeclaración 2
Apertura prazo colaboradores de comedor.
Funcionamento do comedor escolar no curso 2019/2020
Enviado por Anónimo o Xov, 20/06/2013 - 10:41
REGULAMENTACIÓN ACTUAL DO FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES. |
|
|