SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

Ábrese o prazo para solicitar o servizo de comedor para o curso 2020-2021, dende o 22 de xuño ata o 10 de xullo de 2020 en horario de 10:00h a 13:30h. Segundo a Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020/2021.

*CIRCULAR  INFORMATIVA COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021.

* DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:(Pódese descargar de aquí e presentar na secretaría do centro)

Aos efectos de facilitar o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería, que facilita o cálculo en función da renta neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. O acceso a calculadora estará dispoñible a través do link https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp