Listaxe libros de texto e material escolar curso 2023-2024
Enviado por Anónimo o Ven, 23/06/2023 - 23:301º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
CONCURSO RECICLAXE PILAS. Grazas pola colaboración.
Enviado por Anónimo o Xov, 22/06/2023 - 14:56Queremos comunicar a toda a comunidade educativa que de 150 centros participantes quedamos na posición nº10!!! Moi bo posto e moi boa a implicación de todos. Darvos a noraboa e animar a todos a seguir participando e reciclando en sucesivas campañas. GRAZAS!!
Solicitude das axudas para a escolarización do curso 2023/2024 do concello de As Pontes.
Enviado por Anónimo o Mar, 20/06/2023 - 10:54FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024
Enviado por evablanco o Lun, 22/05/2023 - 13:26
Ven de ser publicada no DOG do 19 de Maio de 2023, a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
NORMAS XERAIS:
- Prazo de presentación de solicitudes: 22 maio - 21 de xuño
- Estas axudas están dirixidas ao alumnado que o vindeiro ano escolar curse Educación Primaria ou ESO.
- O alumnado que na actualidade cursa 6º de Primaria, deberá presentar a solicitude no IES correspondente.
- Presentarase unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos/matriculados no mesmo centro para o curso 2023/2024
- As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:
- Presencialmente no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou descargando os "Anexo I e Anexo II" no aplicativo FondoLibros. Unha vez cumprimentados entregaranse no centro adxuntando a documentación que se sinala máis abaixo.
- A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia achegando os mesmos anexos e documentación complementaria.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Anexo I e Anexo II asinados por ambos proxenitores.
- Copia do libro de familia na que figuren os membros computables da unidade familair
- Sentenza xudicial e/ou o convenio regulador no que conste a atribución da custodia do/a menor, de ser o caso.
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
PRAZOS:
- 20 de xuño: data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados no presente curso.
- 21 de xuño: data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas de libros 2023/2014
- 27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.
- 28 e 29 de xuño: período de reclamación á resolución provisional.
- 3 de xullo: publicación da resolución definitiva no taboleiro do centro.
- 3-7 de xullo: entrega dos vales de libros e material concedidos.
- Primeiros días de setembro: entrega dos libros asignados ao alumnado.
ENQUISAS FAMILIARES - PEM
Enviado por suso o Lun, 24/04/2023 - 22:00Estimadas familias,
Pola presente publicación pedímosvos a colaboración para cubrir un formulario que nos servirá ao centro educativo para a elaboración dun Plan de Mellora Estratéxico (PEM). O obxectivo é recadar a maior información posible para avaliar as necesidades e fortalezas do colexio.
Este formulario permanecerá dispoñible ata o domingo 30 de abril. Recordade que é totalmente ANÓNIMO. Grazas.
ADMISIÓN 2023/2024
Enviado por evablanco o Xov, 13/04/2023 - 11:28Infórmase de que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no centro para o curso 2023/2024 obtivo praza.
A listaxe de admitidos atópase exposta no taboleiro de anuncios do edificio administrativo.
Recordamos que o prazo para a formalización de matrícula será entre o 20 e o 30 de Xuño.
Clicando AQUÍ poderedes descargar o impreso de matrícula ou pola contra, recollelo directamente no dentro no prazo indicado
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »