FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

 

No DOG DO 18 de maio de 2022saiu publicada a Orde do 29 de abril de 2022 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.

 

NORMAS XERAIS

  • O Prazo de presentación de solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022/2023.
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

        - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubríndo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude  e presentándoas no propio centro.

        - Presentándoas direntamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do seguinte enlace.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá vir asinada polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar, agás o solicitante.
  • Copia do libro de familia., onde figures os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 21 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2021/2022.
  • 22 de xuño: Data límite para a entrega da solicitude e documentación para as axudas para os libros do curso 2022/2023.
  • 27 de xuño: Publicación da resolución provisional no taboleiro do centro.
  • 28 e 29 de xuño: Período de reclamación á adxudiación provisional.
  • 30 de xullo: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.
  • Do 4 ao 8 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.
  • Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumnado.

Campamentos de verán

Convocatoria de prazo para a inscrición da actividade “Campamentos Urbanos de Verán
2022, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas ás crianzas do Concello das
Pontes, durante os períodos de vacacións que permitan ás familias a súa promoción social e laboral.
A actividade vaise desenvolver, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en días
laborables.
Os obradoiros van dirixidos ós nenos e as nenas nados entre 2.010 e 2.019 do Concello das
Pontes, habendo un total de 30 prazas para os meses de xuño e setembro e 70 prazas para os meses
de xullo e agosto.
O lugar de inscrición será no Rexistro Municipal do Concello, previa cita, desde o 13 ao
31 de maio, en horario de 8:30 a 13:30 h, no rexistro municipal.
Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica:
http://sede.aspontes.com/es/index.html, comezando o prazo o día 13 de maio ás 00.00 e rematando
o prazo o 31de maio ás 14.00 horas.

Erasmus +. Irlanda

As dúas docentes especialistas que imparten a materia de inglés no centro participaron no Programa Erasmus + cunha mobilidade a Limerick (Irlanda). Comparten a súa experiencia con toda a comunidade educativa no seguinte vídeo:

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CASOS CONFIRMADOS DA COVID-19 E COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN

Fai clic nas imaxes para acceder aos documentos e poder acceder aos seus enlaces.

Admisión alumnado 2022-2023

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso escolar 2022-2023 neste centro presentáronse:

-42 Solicitudes para 4º de Educación Infantil, habendo 50 prazas vacantes.

- 1 Solicitude 4º de Educación Primaria.

 

Dado que en ningún dos cursos se superou o número de vacantes, TODAS as solicitudes quedan admitidas.

 

As novidades iranse publicando na páxina web e no taboleiro de anuncios do centro, estade atentos.

Lembrámoslles que o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

Espazo en familia do concello de As Pontes

Fai clic na imaxe para vela con máis claridade e fai clic aquí para ver o arquivo pdf.

Enquisa para o estudo sobre as inquedanzas e necesidades das familias: https://forms.gle/CXkXffYoYLQ5rLSA7

Experiencia Erasmus+

Tres docentes do centro participaron no programa Erasmus + cunha mobilidade a Mersín (Turquía). Alí perfeccionaron a comunicación en lingua inglesa, melloraron os seus coñecementos CLIL e coñeceron unha cultura e costumes novas.

INSCRICION CAMPAMENTOS URBANOS SEMANA SANTA 2022

Hoxe abriuse o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa!

Dirixidos a nenos e nenas nados entre 2010 e 2019, desenvolveranse os días  11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita, nos números de teléfono 667 12 93 89 |  667 12 93 80, desde o 18 ao 30 de marzo en horario de 08:30 a 13:30 horas.
Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da  sede electrónica municipal, comezando o prazo o día 18 de marzo ás 00.00 e rematando o prazo o 30 de marzo ás 14:00 horas.
Fai clic aquí para descargar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Reportaxe fotográfico

Concurso Coeducación. Anpas Abrente

CONSULTA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO.

Os deseños das chapas tedes que facelos chegar ao siguiente email: abrentef@gmail.com, xunto cos datos do alumno/a, e pais ou titores e número de teléfono de contacto.

Distribuir contido